Morre un traballador nunha canteira da Fonsagrada sepultado por un desprendemento de terra
Un operario morreu este luns ao quedar atrapado tras producir un desprendemento de terra nunha canteira no municipio lucense da Fonsagrada.
Os feitos ocorreron este luns, ao redor das 12:30 horas, nunha canteira situada no lugar de Vilarín de Arriba.
O operario quedou atrapado baixo unha gran mase de pedras que se desprenderon usto sobre el. Pese ao operativo despregado, nada hase podiod hjacer para salvar a súa vida.
Un operario morreu este luns ao quedar atrapado tras producir un desprendemento de terra nunha canteira no municipio lucense da Fonsagrada.
Segundo informa o 112 Galicia, o traballador quedouse debaixo dunha masa de pedras que, ao desprender, caeron sobre o lugar onde se atopaba o home.
Ocorreu no lugar de Vilarín de Arriba sobre as 12,30 horas, cando un particular chamou á central de emerxencias para alertar deste accidente laboral.
Foron os bombeiros de Sarria os encargados de liberar por completo ao operario, aínda que os servizos sanitarios desprazados ao lugar tan só puideron confirmar o seu falecemento.
Tamén se desprazaron até o lugar dos feitos os axentes da Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil da Fonsagrada.
Escribe o teu comentario