O menor acusado de agresión sexual a unha compañeira de instituto en Lugo pasa a disposición xudicial
O menor acusado dunha suposta agresión sexual a unha compañeira nun instituto da cidade de Lugo pasou a disposición xudicial, neste caso, á Fiscalía de menores.
O portavoz da Policía Nacional asegura que a investicación seguirá en curso, pero non quixo entrar en detalles.
O menor acusado dunha suposta agresión sexual a unha compañeira nun instituto da cidade de Lugo pasou a disposición xudicial, neste caso, á Fiscalía de menores.
O portavoz da Policía Nacional, o subinspector Manuel Arias, puntualizou sobre este caso que a policía fixo unha investigación a principios do mes de xuño.
Como consecuencia desa investigación, aclarou que "se deu conta á Fiscalía de menores e a partir de aí a investigación e as correspondentes dilixencias corresponden á autoridade xudicial".
Non quixo entrar en máis detalles para preservar a identidade dos menores, que terían sobre trece anos, simplemente insistiu en que agora a investigación "seguirá o seu curso" e que "está en mans da autoridade xudicial baixo secreto de sumario".
"Todo o que incumbe a este caso é competencia da Fiscalía e desde a comisaría non se fai xa ningún tipo de intervención sobre esta detención", subliñou Arias.
A agresión sexual produciuse a principios do mes de xuño e a denuncia partiu do centro, que comunicaría que dita agresión produciuse fóra do recinto escolar.
Escribe o teu comentario