(VÍDEO) Estas son as belezas candidatas ao trono de Miss Vaca 2025: Redonda, Linda, Gallega e Boneca
As candidatas de Lugo, A Coruña, Ourense e Pontevedra aspiran a ser coroadas no programa de Luar deste 27 de xuño.
A fermosura en Galicia págase ao quilo. Sábeno ben o catro formidables aspirantes a ser a raíña da beleza...nos cortellos. Unha candidata por provincia despois dun durísimo proceso de selección que nos levou á finalísima que, como cada ano, teranos pegados o venres pola noite aos televisores e ás redes sociais, onde en cada edición de Miss Vaca os tuiteros fan o seu agosto. Na próxima emisión de Luar, que anulamente celebra este certámen, saberase quen é a herdeira da coroa que deixa libre Navarra, con Redonda, Linda, Gallega e Boneca situadas para ser investidas como a máis bonita de todas e sentar no Trono de Heno.
AMANTES DE JENNIFER LÓPEZ Ou ANA KIRO
A XVII Edición de Miss Vaca pode igualar as cousas pola zona baixa ou afianzar a superioridade de Lugo como provincia exportadora de beleza, pois as louras luceneses gañaron en até unha ducia de ocasións o concurso vaqueiro. A última, Navarra, tomou a testemuña de Branca, que con Gallarda son as dúas coruñesas que se fixeron co cetro. Roxa por Ourense e Loura por Pontevedra son as únicas gañadoras das súas provincias.
Os votos do público son os que determinarán como cada ano a bóvida que regresará ao seu cortello coa banda de campioa ao seu lustroso e peludo pescozo. A lucense Linda espera repetir para a súa provincia. Nove aniños contemplan a esta fermosura de 700 quilos, namorada da música de Camela e Libra, un dos signos máis requintados do zodíaco, pois se definen como elegantes, encantadores, amantes da beleza e con moi bo gusto.
A máis veterana da edición é Redonda, que con trece primaveras e 800 quilos postúlase como a mellor opción da Coruña para lograr o seu ansiado terceiro cordón. A Redonda gústalle escoitar á estrañada Ana Kiro mentres pasta e, como boa Virgo, é paciente, aplicada e reservada, características que a levaron á finalísima.
As máis jovencitas son as representantes de Ourense e Pontevedra, con catro anos cada unha. A diferenza é que a auriense Gallega, cos seus 900 kiliños, move as cadeiras ao ritmo de Maluma e, ao ser Cancro e ser este o seu mes, ten os astros do seu lado, mentres que Boneca, que se axita cada vez que escoita á súa adorada J.O, é Leo, por tanto leal, protectora e xenerosa, como xenerosas son as súas medidas, pois pesa unha tonelada e 100 kilitos de pura esencia galega que, ademais, destaca por ser a máis nívea de todas.
O catro tratarán de seducir ao gran público, que por Twitter ou TikTok xa comezaron a mover buscando á súa favorita e a facer campaña para que os votos do próximo 27 de xuño encumbren á súa candidata. A res gañadora terá un sitio no Olímpo das tenreiras e nos corazóns dos galegos. Fagan as súas apostas, porque o xogo de tronos comezou.
Escribe o teu comentario