(VIDEOCLIP) Mondra inicia os preparativos do seu segundo álbum co lanzamento de 'Vale máis un canciño'
O cantareiro e bailador, unha das voces de moda na escena galega, prepara un novo traballo que verá a luz en maio.
En maio a vida cambia sempre e para ben: os días son máis longos, o calorcito convida a gardar o abrigo, as terrazas énchense e as tardes teñen cheiro a xasmín. E como no quinto mes do ano sempre pasan cousas boas, Mondra escolleuno para cantar aos maios co lanzamento do seu segundo álbum, para o que hoxe publica o seu primeiro adianto.
UN NOVO CICLO
Trátase do sinxelo 'Vale máis un canciño', co que abre o proceso até este segundo traballo do artista de Teo, que asaltou a escena galega hai dous anos con 'ARDĒN', o seu álbum debut, que o catapultó á primeira liña da música en Galicia e que lle reportou recoñecementos como o Premio Martín Códax a Mellor Álbum de Electrónica.
Neste primeiro avance podemos tomar o pulso a este novo universo sonoro ao que Mondra lánzanos de cabeza, producido por Hevi no Laboratorio Soyuz, e que será unha das bandas sonoras do verán coa participación do artista en distintos festivais, aínda que a súa próxima parada, antes de iniciar a nova xira deste ciclo que se abre coa publicación do LP. Este primeiro tema, que abre unha nova etapa na carreira de Martín Mondragón, defínese como "unha peza breve e coral, un pícaro pasodobre no que colaboran múltiples instumentalistas".
Doutra banda, no referido ao videoclip dirixido de maneira conxunta entre Mondra e Adela Otero, destacan a participación de Antía, Anxa, Ari, Candea, Carmen, Celia, Clara, Iago, Icía, Laia, Lucía, Mar, Mariña, Naiara, Naima, Nara e Noa, estudantes de infantil das asociacións pontevedresas #AC Peis d’Hos (Cangas do Morrazo) e ACF Tarambainas (Vigo) que participan na peza audiovisual e que forman parte do coro de voces brancas.
Escribe o teu comentario