(VIDEOCLIP) Así soa 'MARIMONDRA', o orgulloso himno dun "galego e maricón"

Mondra, unha das revolucións da música do país, lanza un novo tema con motivo do Día Mundial do Orgullo LGTBIQA+.


|

 

Este 28 de xuño moitas persoas sairán á rúa a reivindicar os dereitos de todo o colevtivo LGBTIQA+. Uns dereitos que se conquistaron durante décadas a base de loita e de derrubar muros a cabezazos. O activismo cambiou moito cos anos, pero a cultura segue sendo unha ferramenta fundamental en prol de alcanzar a igualdade. Unha ferramenta da que Mondra, un dos artistas máis destacados da escena galega, fai bo uso con todo o talento que o de Teo atesoura na súa voz, as súas mans e os seus pés. 

 

 

Así o demostra en 'MARIMONDRA', o seu último tema que serve como canto de celebración neste día do Orgullo, reivindicando o movemento queer e toda a loita do colectivo LGBTIQA+ nun videcolip moi inclusivo, signando palabras como "trans", "lesbiana" ou "marica" e cun claro apego pola terra, mostrado a través das froitas e verduras do campo galego. 

 

Desta forma, co seu estilo "feito en Galicia", Mondra logra dar voz a "a disidencia e á diversidade" recoñecer, como di ben alto, como un "galego e maricón". Xunto a Mónica de Nut e con Adela Otero na codirección, o videoclip está cheo de cor, de ritmo e de excesos, como adoitan ser todas as provocadoras actuacións dunha das revolucións da música do país, acompañado nesta ocasión de Jandros Rodríguez e Sabela Domínguez con coreografía de Daniel Rodríguez

 

Mondra Marimonda 3 u00a9 Aigi Boga
Videoclip de MARIMONDRA

 

“Queremos que MARIMONDRA sexa un canto de celebración, de liberación e de orgullo, que poida representar a calquera persoa do colectivo”, subliña Mondra, que ten por diante un verán cheo de compromisos e que incorporará este sinxelo ao seu playlist xunto aos de 'ARDĒN', o seu álbum debut. 

 

Mondra presenta MARIMONDRA u00a9 Aigi Boga
Videoclip de MARIMONDRA

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE