(VÍDEO) Este é o formidable botín recuperado pola Garda Civil coa detención de catro butroneros na Coruña

Os investigados son dous homes galegos, de Vilagarcía de Arousa e Caldas de Reis, e dous homes procedentes de Madrid.


|

Os investigados son dous homes galegos, de Vilagarcía de Arousa e Caldas de Reis, e dous homes procedentes de Madrid.

 

A Garda Civil ha comisado, ademais dunha importante cantidade de diñeiro, reloxos, portátiles ou tablets, relacionados con roubos en polo menos nove naves industriais. 

 

Butroneros
Foto: Garda Civil

 

Unha decena de móbiles, varios prismáticos, walkie talkies, radiais, trades, alicates, pancas…un verdadeiro arsenal co que deu a Garda Civil despois de desarticular a unha banda de butroneros que operaban na Coruña e á que se lle a usa de perpetrar roubos con forza en varias naves industriais da comunidade. O Patrimonio da Unidade Orgánica de Policía Xudicial (UOPJ) da Garda Civil da Coruña foi o encargado de levar a cabo as detencións, con catro investigados, dous homes de Vilagarcía de Arousa e Caldas de Reis e outros dous procedentes de Madrid. 

 

O operativo leva cociñándose desde febreiro, cando se tivo constancia dun aumento de roubos en naves industriais da provincia mediante o método do butrón. As pescudas dos axentes determinaron que esta banda contaba cun "elevado grao de profesionalidade e especialización", polo nivel de astucia nos seus roubos, nos que lograban burlar as medidas de seguridade.

 

 

 

Así, lograron reconstruír como operaba a banda: primeiro recoñecían a zona, buscando vulnerabilidades e as medidas de seguridade ás que se enfrontaban, para logo, no momento de iniciar o roubo, desprazarse nun vehículo que deixaban lonxe da zona, para que non se puidese vincular co asalto. Xa no lugar, realizaban un butrón polo que accedían ás naves. 

 

UN BOTÍN

Desta maneira, coa detención a Garda Civil cre dar resposta a, polo menos, nove roubos deste tipo na comunidade, con polígonos afectados nas provincias da Coruña, Pontevedra e Ourense. 

 

Nas imaxes difundidas pola Garda Civil, pódese ver parte do botín reunido neste tempo, con miles de euros en efectivo comisados polos axentes, ademais de reloxos de alta gama, computadores, tablets e outros moitos aveños. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE