Interceptan en Ferrol a un condutor sen carné que circulaba a 193 km/h nun tramo limitado a 90

O home circulaba sen permiso de conducir, xa que perdera todos os puntos


|

Ap 9F
Arquivo - Tramo da AP-9 onde se indica a limitación de velocidade a 90 quilómetros por hora / Foto: Google Street View

Axentes da Garda Civil da Coruña investigan a un condutor sen carné sorpendido circulando pola AP-9 a 193 quilómetros por hora nun tramo limitado a 90.

 

Segundo informaron a través dun comunicado, o condutor foi detectado por un radar de tramo situado no Túnes de Sartego, no quilómetro 31 de #AP-9F, dirección Ferrol.

 

Dado que a velocidade era máis do dobre da permitida para a zona, a infracción foi derivada desde o centro de control automatizado a unha patrulla, que localizou ao condutor pouco despois.

No trascurso da súa identificación, os axentes descubriron, ademais, que o home carecía de permiso de conducir, xa que perdera todos os puntos. Por iso, impútanselle dous delitos contra a seguridade viaria.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE