Unha balea de 8 metros aparece nos peiraos da Estación Naval de Ferrol

O mamífero estaba nas proximidades do pantalán que usan as embarcacións máis pequenas, polo que supuña un perigo potencial. A Autoridade Portuaria de Ferrol xa retirou o seu enorme corpo.


|

O cadáver mide uns oito metros, polo que se estima que debe ser un exemplar novo.

 

O tamaño das baleas ronocuales varía segundo a especie, desde os 7-10 metros do rorcual aliblanco até os 25-27 metros do rorcual común.

 


Hallan una ballena en los muelles de la Estación Naval de la La Graña (Ferrol)

Un cetáceo de 8 metros de lonxitude, cría de rorcual común, foi achado morto na mañá deste venres flotando en augas dos peiraos da Estación Vanal da Graña, en Ferrol.

Nun comunicado, a Armada explica que o achado foi efectuado por persoal de garda da Estación Naval durante unha das súas roldas de vixilancia nas instalacións portuarias do recinto militar e atopábase á boia nas proximidades dos pantaláns de embarcacións menores.

Tras ser atopado, o cetáceo permaneceu baixo supervisión para controlar que non implicase perigo algún para a navegación no caso de que fose arrastrado por posibles correntes até ser retirado polos medios axeitados.

 



A Armada explicou que avisou de forma "inmediata" ao Centro de Coordinación e Servizos da Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao (CCS) e á Coordinadora para o Estudo dos mamíferos mariños de Galicia (CEMMA), así como o Servizo de emerxencias 112 e á Estación Biolóxica da Graña para a adopción das medidas oportunas respecto da retirada do cetáceo, que foi efectuada sobre as 10,00 horas.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE