Un raio cae sobre un neno na praia de Vilarrube, en Valdoviño, e déixao inconsciente

Un menor resultou ferido este martes tras ser alcanzado por un raio na praia de Vilarrube, no municipio coruñés de Valdoviño.


|

Os feitos sucederon este martes, ao redor das 12 horas, no areal de Valdoviño.

 

O menor foi trasladado ao Hospital Arquitecto Macide de Ferrol, ao que chegou "estable e con pulso".

 

Tg carrusel cabeceira grande (1)
Praia de Vilarrube | Foto: Turismo.gal

 

Un menor resultou ferido este martes tras ser alcanzado por un raio na praia de Vilarrube, no municipio coruñés de Valdoviño.

Segundo trasladou o 112 Galicia, minutos despois das 12,00 horas, varias persoas particulares que se atopaban no areal contactaron coa central de emerxencias para pedir axuda para un neno que ao parecer fora alcanzado por un raio e quedara inconsciente.

 

TRASLADO Ao HOSPITAL

Con esta información, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia puxo a situación en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ata o lugar a un helicóptero medicalizado.

Xa no punto, os servizos sanitarios reanimaron ao menor e trasladárono "estable e con pulso" ao Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol. No operativo de emerxencias tamén participou a Garda Civil e a Policía Local.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE