Santiago contará cunha conexión directa con Cork a partir de xuño de 2026

O aeroporto compostelán contará cun voo á segunda cidade máis grande de Irlanda o próximo verán. 


|

01738592859714
Cork | Foto: RTVE

 

A Catedral de San Finbar, o mercado inglés, a torre Elysian, as pontes que atravesan o río Le... Son moitos os encantos de Cork, a segunda cidade máis grande de Irlanda, un país que conta cunha importante colonia de galegos emigrados á illa e que, o próximo verán, terán Galicia máis preto grazas a unha nova conexión entre Santiago de Compostela e Cork. 

 

VOOS LUNS E XOVES

Así o anunciaron desde a conta de Turismo de Santiago, onde detallan que será a aerolínea Aer Lingus a que conectará a capital galega con Corck a partir de xuño de 2026 con voos directos en dúas frecuencias semanais os luns e xoves: os luns sairá de Irlanda ás 12:25 horas e aterrará en Galicia ás 15:20 hora española, mentres que os xoves partirá de Santiago ás 16 horas e aterrará en Cork ás 16:55, hora local. 

 

"Un novo paso para reforzar a conectividad aérea de Compostela e facilitar a chegada de visitantes internacionais", celebran desde a conta de Turismo. Supón un novo reforzo á oferta de rutas do aeroporto Rosalía de Castro, que estreará en maio do ano que vén unha conexión co aeroporto de Newark, a súa primeira ruta con Estados Unidos. 

 

 

A de Aer Lingus, ademais, é a segunda da compañía na terminal de Lavacolla, que xa conta cunha ruta en con Dublín desde fai xa case dúas décadas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE