Televés cambia ao seu CEO tras 13 anos: Gonzalo Redondo ponse á fronte no sitio de Santiago Rey

Esther Gómez será directora xeral nuns cambios que se farán efectivos nunha xunta xeral que terá lugar en setembro.

 


|

Sede de Televés
Foto: EP


Televés Corporación aprobou o nomeamento de Gonzalo Redondo como novo conselleiro delegado da compañía, en substitución de Santiago Rey, que levaba no cargo desde 2012. A substitución farase efectivo na xunta xeral de accionistas prevista para setembro.
 


Segundo informa a compañía compostelá nun comunicado, Esther Gómez, actual directora de soporte de Infraestruturas de Telecomunicación e de desenvolvemento de negocio de Transporte Óptico, será nomeada directora xeral corporativa.

Estes cambios chegan tras un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) en Televés que afectou a máis dunha trintena de traballadores dos seus centros en Santiago e Oroso (A Coruña).
 


O novo conselleiro delegado asume o cargo cun proxecto que buscará "recuperar o espírito emprendedor, revitalizar a cultura de empresa e consolidar unha rendibilidade que permita a Televés Corporación volver á senda de crecemento e seguir sendo punta de lanza nas súas solucións tecnolóxicas".

 

CURRÍCULO

Licenciado en Física e máster en Enxeñaría Naval, Gonzalo Redondo é fundador e CEO de D3 Applied Technologies e Redondo Studio, así como socio-fundador de Simulator in Motion e Maxwell Applied Technologies, esta última integrada en Televés Corporación.

Co equipo de D3 Applied Technologies, lidera o deseño de embarcacións para a Copa América de vela, a vela oceánica e os Xogos Olímpicos, e foi responsable do desenvolvemento de barcos gañadores en varios campionatos do mundo. A súa experiencia esténdese tamén a sectores estratéxicos como as enerxías renovables, os vehículos non tripulados, a industria e a enxeñaría civil.

Desde 2022 forma parte do Consello de Administración de Televés Corporación, onde impulsou o desenvolvemento de produto e o posicionamento de marca. Neste período, a compañía foi recoñecida con diferentes premios internacionais.

Pola súa banda, Esther Gómez, enxeñeira de Telecomunicación, ten unha longa traxectoria desenvolvida en diversas organizacións no ámbito dos sistemas de comunicacións, con responsabilidade de dirixir actividades que abarcan todo o ciclo de vida do desenvolvemento de produtos e posta en marcha de solucións innovadoras.

 

NOVO CARGO DE SANTIAGO REY

Pola súa banda, Santiago Rey, que desempeñou funcións executivas na compañía como director xeneral e conselleiro delegado desde 2012, iniciará unha nova etapa dentro de Televés Corporación. A partir de setembro, asumirá o cargo de director de operadoras e grandes contas, desde onde impulsará o crecemento de dúas filiais estratéxicas: TRedess e Gsertel.
 


"Cunha sólida traxectoria no sector do broadcast e as redes móbiles 5G, Santiago Rey seguirá desempeñando un papel relevante na consolidación do negocio e na relación con clientes estratéxicos", indica a empresa.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE