Claudio mantén a súa expansión con máis dunha decena de aperturas en 2024

No último ano máis de 60 persoas atoparon emprego na apertura de novos establecementos nas catro provincias.


|

CLAUDIO FRANQUICIADO
Claudio

 

2024 foi un bo ano para a cadea de supermercados Claudio. Desde Gadisa Retail, á fronte desta liña de negocio, celebran a apertura de once establecementos ao longo do último ano que se suman aos 237 puntos de venda repartidos entre Galicia, Castela e León, Asturias e Madrid, que contan con máis dun milleiro de empregados nunha superficie total que rolda os 58.000 m2.

 

 

CIFRAS Á alza

Son números moi a ter en conta e que Gadisa celebra ao ser esta a expresión do seu modelo de negocio que ten como eixos "a proximidade aos clientes, na vocación de prestar un servizo básico á poboación principalmente en zonas rurais e semiurbanas, e no seu compromiso coa dinamización socioeconómica da contorna a través da xeración de novas oportunidades laborais e de emprendimiento".

 

Desta filosofía benefícianse os máis de 60 profesionais que se incorporaron ás súas tendas no último ano. A provincia da Coruña, con seis aperturas, foi a que cortou máis cintas inaugurais, concretamente nas Pontes de García Rodríguez, Ferrol, Frades, Moeche, Oleiros e Tordoia.. 

 

 

 A de Pontevedra foi a segunda, sendo Vigo a localidade con máis aperturas, cun total de dous, á que hai que sumar unha máis en Poio. En Ferreira de Patón, Lugo, e Beariz, Ourense, tamén se abriron novos establecementos nos dous formatos que traballa a compañía galega: os Caludio, con 113 puntos de venda, e os Claudio Express, con 124 tendas.

 

 

"Os supermercados Claudio representan o modelo tradicional de comercio de proximidade. Cunha superficie de tamaño medio, o servizo de atención aos clientes é moi próximo. A variedade é amplo, con marcas líderes e da marca propia Ifa, ademais dunha importante oferta de produtos de proximidade procedentes de provedores de orixe local", destacan desde Gadisa, onde a aposta está orientada en gran medida ás estacións de servizo despois de máis de tres décadas de experiencia que lle reportaron a confianza de clientes e provedores.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE