Fianza millonaria para exdirectivos do Correo Galego acusados de ocultar fondos
A xustiza compostelá pon contra as cordas á antiga cúpula do Correo Galego cunha fianza dun millón de euros e a ameaza de embargos, nun caso que destapa supostas manobras financeiras para esquivar pagos a Facenda, Seguridade Social e traballadores durante a longa crise da cabeceira. Un tempo durante o cal, a pesar da falta de pagamentos á hacienta pública, seguiu recibindo pagos de administracións como a Xunta.
A xuíza Ana López-Suevos, á fronte do Xulgado de Instrución número 1 de Santiago, ordenou aos exdirectivos do Correo Galego depositar unha fianza superior ao millón de euros nun prazo de dez días, segundo adiantou Galicia Confidencial.
A medida responde o risco de que os investigados oculten o seu patrimonio para evitar responsabilidades legais. A investigación, iniciada tras denuncias de extrabajadores, Fiscalía e acredores particulares, descruve un sofisticado sistema para burlar débedas con organismos públicos e empregados, quen chegaron a acumular falta de pagamentos de até 24 nóminas.
A Unidade de Delitos Económicos e Financeiros (UDEF) da Policía documentou movementos de fondos a través de máis de 80 contas bancarias, deseñadas para dificultar o rastrexo, segundo relatou onte O Diario. Nas contas pantallan, segundo o informe policial, manexaban ingresos de publicidade e axudas públicas, pero tamén rexistraban gastos en tendas, hoteis e viaxes, evidenciando un uso irregular dos recursos.
O auto xudicial descruve indicios de criminalidade , que apuntan a un delito de frustración da execución, similar ao alzamento de bens. A antiga cúpula, que inclúe ao exdirecto e ao exgerente e as súas respectivas parellas, tecería unha rede de empresas para desviar diñeiro e eludir embargos.
A investigación preliminar revela que estas manobras contribuíron ao colapso financeiro do diario, que en 2022 foi declarado en quebra e vendido ao grupo Prensa Ibérica por 1,6 millóns de euros. Durante os anos de colapso, moitos dos traballadores acabaron abandonando o traballo, incapaces de aguantar sen cobrar, como lles pedían os directivos. Durante ese período, a empresa seguiu recibiu diñeiro público, incluído un importante crédito do IGAPE, a pesar de que en teoría as compañías con débedas coa facenda pública non poden facelo.
Escribe o teu comentario