(VÍDEO) Arrincan as rebaixas no Corte Inglés, onde "sempre atopas o que buscas"

As grandes ofertas están dispoñibles tanto en tenda como na web e a app do Corte Inglés.


|

ECI REBAJAS VERANO 014
Foto: O Corte Inglés

 

Estamos ás portas do mes de xullo e algún aínda non ten nin bañador para este verán. Tampouco o vestido para a voda desa amiga que casa nunhas semanas, nin os zapatos para saír a gozar das noites de festa, nin maleta para esa viaxe que levas tanto tempo esperando... Menos mal que, como reza o seu novo slogan, "nas rebaixas do Corte Inglés, sempre atopas o que buscas", porque todo está ao alcance da nosa man ou dun simple click.

 

E é que as ofertas das rebaixas de verán xa están dispoñibles na web e na app do Corte Inglés, así como nas tendas físicas dos grandes almacéns, onde estarán dispoñibles durante máis de dous meses, até o próximo 31 de agosto, coa bolsa vermella como toda unha icona desta tempada de oportunidades, sempre á altura dos ollos do sipático e peludo protagonista da campaña publicitaria deste ano, cunha chiscadela a anuncios anterioes.

 

 

Nese "atopar" podemos ver desde zapatos de vestir até o mellor para realizar deporte este verán con todo o necesario para lanzarnos a pelotear no padel, así como tecnoloxía, con televisores para ver a fase final da Eurocopa ou os Xogos Olímpicos de París, mobles para decorar o noso xardín ou perfumes e produtos de beleza para non perdernos nin un só evento este verán. 

 

ECI REBAJAS VERANO 016

 

Así, en moda de muller hai descontos de até o 30% en firmas como Southern Cotton, Tintoretto Couchel e Lloyd's, mentres que na sección de trabjes para home podemos gozar de rebaixas do 40%, igual que nunha ampla oferta de zapatos e deportivas. Lencería, xoias, lentes de sol, reloxos e un sen fin de produtos máis para regalar este verán con grandes prezos. 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE