Novos paros de produción en Stellantis Vigo o luns e o martes

Detrás está a falta de aprovisionamentos e compoñentes


|

Archivo - Varios operarios trabajan en la sede de Stellantis, el día que la vicepresidenta primera del Gobierno y ministra de Asuntos Económicos y Transformación Digital, ha visitado la fábrica, a
Arquivo - Varios operarios traballan na sede de Stellantis


 

As dificultades de aprovisionamento obrigarán, unha vez máis, a suspender unha das liñas de produción na planta de Stellantis en Vigo, segundo informou a dirección á fábrica ao persoal.

Así, a falta de compoñentes levará a suspender todas as quendas de traballo do sistema 1 (que ensambla o Peugeot 2008) nas xornadas do luns e martes, 1 e 2 de xullo. A actividade renovarase nesa liña de produción o 3 xullo, na quenda de mañá.

Nos últimos días, os problemas de aprovisionamento obrigaron a suspender a actividade en varias quendas: o 13 de xuño estivo paralizado a quenda de noite do sistema 1 e o 14 de xuño suspendeuse a actividade da quenda de manaña dese mesmo sistema.

Ademais, suspendeuse a produción na quenda de tarde e o de noite do sistema 2 durante a xornada deste xoves e este venres confirmáronse novas paradas para o inicio da próxima semana.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE