(VÍDEO) Nova denuncia contra as verteduras da mina de Touro sobre os ríos da contorna

As denuncias polos danos medioambientais da actividade no complexo mineiro seguen chegando a pesar dos intentos de Atalaia Mining de reflotar o proxecto. 


|

Touro amd2
Foto: Ecoloxistas en Acción

 

Atalaia Mining volve á carga en Touro , pero non sen polémica. A empresa, xunto a Cobre San Rafael, pretende impulsar por segunda vez a apertura da mina ao descuberto en Touro e O Pino, para a que xa conseguiu o visto e prace da Xunta , que o declarou un proxecto estratéxico prioritario. Mentres isto sucede, a contorna da mina segue sendo castigado pola actividade mineira, ou así o denuncian desde Ecoloxistas en Acción, que vén de presentar as enésima denuncias polas verteduras ante Augas de Galicia.

 

 

SEN PLAN DE RESTAURACIÓN

O coelctivo tacha de "lamentable" o estado dos ríos na contorna do complexo. Ao tempo, censuran á Xunta por non tomar cartas no asunto para a "restauración das augas", algo que, achacan, ao interese do Goberno de Galicia para "reimpulsar a explotación mineira". 

 

 

Así, lembran que en 2020, cando se deu carpetazo ao proxecto, a Xunta alegou que entre os motivos para negar a autorización estaba o feito de que, nos termos explicados polos promotores, "non se garantía a sustentabilidade ambiental" ao contar con informes "desfavorables" e "insalvables" de Patrimonio Natural e Augas de Galicia.

 

 

 

Nese sentido, facíase especial fincapé na "afección grave" á "calidade das augas" no Pino e Touro. Por iso, reprochan que aínda que o conselleiro de Economía, Emprego e Industria daquel entón, Francisco Conde, comprometeuse a demandar ao propietario dos terreos "un plan de restauración das augas", as intencións finalmente "non se cumpriron", polo que desde Ecoloxistas en Acción presentaron varias demandas neste tempo para esixir a drenaxe das augas acidas da mina. 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE