Stellantis Vigo, condenada de novo por non permitir a conciliación a unha traballadora

A planta de Vigo segue recibindo sentenzas xudiciais que, segundo a CUT, destapan o erros do seu plan de igualdade.


|

Archivo - Línea de montaje en la planta de Stellantis Vigo.
Arquivo - Liña de montaxe na planta de Stellantis Vigo.

 

"Haberá máis sentenzas así ao longo do ano". A principios de xaneiro un fallo xudicial contra Stellantis Vigo, co dereito á conciliación como tema central, motivo á Central Unitaria de Traballadores (CUT) a facer este vaticinio que, co paso dos meses, cumpriuse. A última sentenza condena á dirección da planta de Balaídos por non conceder a unha traballadora, afiliada da CUT, a quenda fixa que solicitaba para poder conciliar. De igual maneira, a compañía deberá indemnizar á afectada con 2.800 euros. 

 

 

UNHA STELLANTIS CON DÚAS CARAS

Este feito contrasta coa celebración na factoría de 'O día das familias', un evento que, a ollos da CUT, Stellantis instrumentaliza para "lavar a súa imaxe de face ao exterior" cando "portas dentro a realidade é ben distinta". Nese sentido, censuran a falta de avances en materia de conciliación familiar e responsabilidade social mentres o plan de igualdade e diversidade de Stellantis contou coas firmas dos sindicatos que apoiaron o convenio en novembro -que "segue sen publica a Xunta de Galicia ante a denuncia relaizada ante a autoridade laboral"-, SIT-FSI, CC.OO. e #UXT, pero non con rubrícaa da CUT que considera que é "un filtro que limita dereitos"


"Unha nova sentenza en cuestión de meses, que cuestiona o plan de igualdade en Stellantis Vigo", din da CUT, onde ven "absolutamente lóxico que se comecen a ditar sentenzas en contra do plan de igualdade, pois, como xa denunciamos en varias ocasións, é un plan discriminatorio, arbitrario e só contempla as necesidades da empresa para darlle a mínima cobertura legal, e que xa se está demostrando insuficiente". 

 

 

Para o sindicato ocorrer é probatorio de que os asinantes do plan de igualdade "non pensan nas necesidades das persoas, o nas necesidades da empresa". Disposicións como os tres meses para dar resposta ás solicitudes de conciliación, cando a lei fixa un máximo de 15 días, son algúns dos puntos que merecen a crítica da CUT.

 

"QUE SE DEIXEN DE RECURSOS ESTÉRILES"

"Un plan de igualdade con cifras ridículas onde, cun persoal de 6.324 persoas traballadoras, tan só “ofertan” 30 prazas para conciliacións das que denominan “especiais”, un minúsculo 0.47%", destacan desde o sindicato, que apostila elementos da sentenza, como a "ausencia convencional do procedemento concreto de concesión" por "non establecer prazos" para a negociación e resolución dos casos, interpretando así "un incumprimento flagrante da empresa". 
 

Stellantis
Stellantis


"A vulneración de dereito individual da traballadora á conciliación laboral e familiar relacionado co dereito á igualdade e a protección da familia, ao non xustificar a empresa a súa denegación nin facilitarlle o acceso á negociación individualizada á traballadora sobre a súa petición de adaptación da súa xornada laboral para o coidado da súa filla", recolle a sentenza. 

 

 

 

"Esiximos a empresa que se deixe de recursos estériles que o único que conseguen é entorpecer o uso dos dereitos a conciliación laboral e familiar das persoas traballadoras. Un recurso aa esta sentenza sería profundar nun novo ataque a estes dereitos", gabia a CUT.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE