Unha tola gymkana e talleres de cartas para os Reis Meigos no Corte Inglés da Coruña
No entanto, o de hoxe non é o único taller nin evento que prepara a superficie comercial herculina. Mañá mesmo, ás 12 horas, haberá unha tola gymkana que a organización promete que "fará as delicias dos máis peques".
O Corte Inglés da Coruña recibirá este nadal a visita dunha pantasma. Non é o do nadal pasado, nin o das presentes nin moito menos o das futuras, senón un espectro multicolor que poderán levar os máis pequenos á súa casa este martes ás 18:30 h no departamento de xoguetes. No entanto, o de hoxe non é o único taller nin evento que prepara a superficie comercial herculina.
Mañá mesmo, ás 12 horas, haberá unha tola gymkana que a organización promete que "fará as delicias dos máis peques". Será o pistoletazo de saída a unha última semana de festas con moitas actividades dirixidas aos máis pequenos.
O próximo 2 de xaneiro os nenos e nenas que se acheguen ás 18 horas ao Corte Inglés da Coruña terán a oportunidade de escribir as cartas para os Reis Meigos de Oriente, que visitarán todas as casas a madrugada do 6 de xaneiro. Ademais, o 3 de xaneiro celebrarase un taller de pinzas do Nadal, tamén ás 18 horas no departamento de xoguetes.
Escribe o teu comentario