Máis familia e menos IA, así é o novo anuncio da serie "Vivamos como Galegos!" de Gadis
Galicia salvará o mundo é a última edición do tradicional anuncio do Nadal da cadea de supermercados galegos, un dos principais referentes da identidade galega nas últimas décadas.

Desde hai décadas a axencia herculina BAPConde e Gadis manteñen unha exitosa alianza que lles permitiron gañar un oco no corazón dos galegos. A súa serie de anuncios de Vivamos como Galegos converteuse nun referente para explicar como o país se ve a si mesmo e, de paso, serve para situar á cadea de supermercados como algo propio no competido mundo da distribución almacenista.
Na edición deste ano, os creativos coruñeses apostaron pola típica historia do emigrante galego, neste caso unha moza que vive en Nova York, que retorna ao fogar. Faio acompañado por un asistente virtual, un pequeno robot con intelixencia artificial que ao principio ten serias dúbidas sobre porqué tanta insistencia en retornar a un lugar tan remoto.
Está claro que ao final a retranca acaba derrotando á intelixencia artificial, o robot acaba rebautizado como C-BO-O e asumindo os costumes do país, mesmo para ligar:
Vivamos como galegos converteuse en parte do imaxinario do país, que o identifica como unha expresión que describe unha forma vivir dunha maneira relaxada, tranquila e gozando da vida nas pequenas cousas, como a beleza natural da paisaxe, a súa cociña tradicional e o seu ritmo de vida máis pausado en comparación con algunhas outras rexións, valorando a importancia das relacións persoais, as reunións familiares e as cousas simples. Máis de 100.000 reproduciones en menos dun día avalan a súa popularidade.
Escribe o teu comentario