A sostibilidade na axenda empresarial, non é unha opción é un deber

Viaqua publica o seu Informe de Desenvolvemento Sostible, presentando á cidadanía as iniciativas que levou a cabo en Galicia durante o último ano para loitar contra o cambio climático e a perda de biodiversidade, promover a saúde das persoas e o acceso á auga, e fortalecer vínculos de confianza cos seus grupos de relación.
 


|

Contido patrocinado

 

A empresa galega investiu máis de 200.000€ en accións sociais en Galicia no último ano, beneficiando a preto de 80 entidades e a 3.800 persoas.
 

 

Leticia Rodríguez é directora de Desenvolvemento Sostible e Acción Social de Viaqua

 


 

O cambio climático e a consecuente perda de biodiversidade, é un dos principais retos aos que nos enfrontamos como sociedade. Estes desafíos teñen un impacto directo na auga e na súa dispoñibilidade en cantidade e calidade; e, como consecuencia, na saúde dos ecosistemas e das persoas, o que pon de relieve a necesidade de seguir traballando para cumplir coa Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) de Nacións Unidas. 

 

Ante este contexto, Viaqua, como empresa galega deste sector, reforzou os compromisos do seu Plan Estratéxico de Desenvolvemento Sostible, enfocados aos criterios ESG (Environmental, Social, Governance) e sempre aliñados coa Axenda 2030. Así, estes criterios ESG serven de guía á hora de establecer estratexias sostibles e axudan a mellorar á súa rastreabilidade.

 

 

 

Leticia Rodríguez Directora de Desenvolvemento Sostible e Acción Social de Viaqua: “En Viaqua levamos a cabo unha actividade responsable co medio ambiente, establecendo alianzas que nos permiten ser o motor dunha transformación baseada na innovación, e que ten a saúde do planeta, as persoas e a sociedade en xeral no centro da súa estratexia”

 

 

Con este plan como guía, a empresa galega Viaqua aborda os retos globais adoptando medidas e solucións específicas ás problemáticas locais. Nun exercicio de transparencia coa cidadanía, Viaqua presenta no seu Informe de Desenvolvemento Sostible as principais iniciativas que levou a cabo durante o ano 2022, na súa transición cara a modelos máis respectuosos co medio ambiente e co fin de contribuír ao cumplimento da Axenda 2030 da ONU.

Traballar pola saúde do planeta

Viaqua asumiu o desafío de reducir as súas emisións de gases de efecto invernadoiro  implementando diversas actuacións para logralo. Por exemplo, co investimento en infraestruturas para a xeración de enerxía renovable, producindo 928MWh só no 2022, o que equivale ao consumo eléctrico anual  de máis de 100 fogares galegos. Recentemente, Viaqua instalou paneles fotovoltaicos na súa sede central “A Vila da Auga”, ubicada en Santiago de Compostela, alcanzando desta forma a autosuficiencia enerxética e convertendo esta instalación nun referente na adaptación ao cambio climático. Como parte da súa estratexia, Viaqua implementou actuacións para mellorar a eficiencia enerxética en todas as súas operacións e promover a mobilidade sostible. A empresa conta co 91% de turismos “ECO” entre o persoal directivo, e instalou 19  puntos de carga para fomentar o uso de transporte limpo. O cálculo anual da  súa pegada de carbono permite avaliar a efectividade destas actuacións e a súa contribución real á descarbonización dos municipios onde Viaqua opera.

 

Placas solares instaladas na sede de Viaqua
Placas solares instaladas na sede de Viaqua

Placas solares instaladas na sede de Viaqua


 

Outro aspecto clave do compromiso de Viaqua coa sostibilidade é o seu plan de redución da pegada hídrica, mediante a xestión intelixente e avanzada do ciclo integral da auga, mellorando a xestión dos recursos e aumentando a resiliencia dos sistemas de auga urbana, ante os frecuentes episodios de secas e choivas torrenciais. Do mesmo xeito, a empresa continúa traballando na preservación da auga, mediante a loita contra a fraude e fomentando entre os galegos e galegas o consumo responsable deste ben esencial. A implementación de novas metodoloxías e desenvolvementos tecnolóxicos permitiron a continuidade do servizo e aforrar uns 8,44 hm3 desde 2017, equivalente 24 días de consumo de toda a comunidade galega. 

 

Viaqua promove o cambio de modelo lineal a circular, transformando as depuradoras actuais en biofactorías. Para iso, a empresa está desenvolvendo solucións innovadoras e implementando tecnoloxías orientadas ao uso eficiente dos recursos, de forma que produza enerxía limpa, auga rexenerada, se transformen os residuos en recursos e se cree un impacto ambiental e social positivo na contorna. Así mesmo, Viaqua promove as alianzas e o traballo colaborativo co resto de actores involucrados na xestión da auga.

 

Garantir a saúde das persoas

Ademais do seu compromiso ambiental, Viaqua preocúpase pola saúde e o benestar das persoas. A empresa galega leva anos desenvolvendodiversas iniciativas que contribúan a sensibilizar á cidadanía sobre a importancia da sostibilidadee a protección do medio ambiente. No último ano, Viaqua sensibilizou a máis de 1.300 escolares, a través de programas educativos, campañas de concienciación e visitas as súas instalacións,   logrando involucrar á comunidade na adopción de prácticas máis responsables e sostibles. 

 

En 2022 Viaqua investiu más de 200.000€ en accións sociais en Galicia, beneficiando a preto de 80 entidades e 3.800 persoas

 

A empresa galega impulsa mecanismos de acción social (fondos e tarifas sociais) e medidas de flexibilización para garantir a auga a todas as persoas en situación de vulnerabilidade. Como exemplo, lanzou o programa “Viaqua Contigo”, unha iniciativa centrada en garantir que todos os clientes, sen excepción, poidan acceder aos servizos da empresa apostando por unha atención multicanle e, sobre todo, asegurando unha especial atención ás persoas en situación de vulnerabilidade. Máis de 386.000€ foron destinados a tarifas e fondos sociais nos últimos cinco anos. Por todo iso, Viaqua recibiu o distintivo de mellor Servizo de Atención ao Cliente do Ano en 2022.

 

Establecer e reforzar vínculos de confianza

Por último, Viaqua fortaleceu os vínculos de confianza cos seus grupos de relación, a través da implementación de políticas e prácticas que promoven a colaboración e a transparencia. 

 

Viaqua aposta por unha selección de provedores responsable, equitativa e transparente, para garantir contornas fortes e sostibles en toda a cadea de subministración. Así o 100% das compras que realizou a provedores estratéxicos en 2022, foron avaladas baixo criterios de Desenvolvemento Sostible. Dentro do seu compromiso con Galicia, Viaqua promove a compra social e local, fomentando a contratación de organizacións que, ademáis de favorecer o desenvolvemento económico e a integración de colectivos con dificultades na inserción laboral, estean próximas ás localidades nas que opera. As súas cifras son un exemplo deste compromiso, onde o 74,8% dos provedores cos que traballa Viaqua son locais, investindo 12,6M€ en empresas de Galicia.

 

En resumo, Viaqua demostrou o seu liderado na loita contra o cambio climático a través do seu enfoque integral na redución de emisións, a eficiencia enerxética, a xestión sostible da auga e a promoción da economía circular. Ao mesmo tempo, a empresa traballou incansablemente para garantir a saúde das persoas e fortaleceu os seus vínculos de confianza coa sociedade mediante alianzas e colaboracións estratéxicas. Co Informe de Desenvolvemento Sostible 2022, Viaqua,   comparte o seu propósito de acelerar a transformación ecolóxica cara modelos máis respetuosos co medio, garantizando así un futuro sostible para todos. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE