A facturación das empresas de alta tecnoloxía sobe un 9% en Galicia en 2021
Os sectores manufactureiros de media e alta tecnoloxía son os que máis facturan neste campo en Galicia
As empresas galegas de media e alta tecnoloxía alcanzaron unha facturación de 38.700 millóns de euros en 2021, o que supón un 9% máis que un ano antes, segundo datos publicados polo Insituto Nacional de Estatística este martes.
Os sectores manufactureiros de media e alta tecnoloxía son os que máis facturan neste campo en Galicia, seguidos da fabricación de material e equipo eléctrico.
Galicia contaba cun total de 9.866 empresas de media e alta tecnoloxía ao peche de 2021, o que se traduce en 83 menos que un ano antes. En porcentaxe, isto supón un 0,8% menos.
Os servizos de de alta tecnoloxía son o grupo que conta co maior número de compañías, 3.416. Séguelle o grupo no que se atopan actividades de cine, vídeo e son (3.105).
Escribe o teu comentario