Marineda City inaugura esta semana a terceira tenda de 'Casa do Libro' en Galicia
O novo establecemento contará con máis de 24.000 títulos e unha sección dedicada á cultura de Galicia.
Un libro pode ser o mellor agasallo, o mellor compañeiro, a mellor maneira de viaxar, a mellor forma de lecer... De libros saben nas tendas 'Casa do Libro', con máis de medio centenar de establecementos por toda España e que en Galicia está a piques de inaugurar a súa terceira libraría, a primeira no Centro Comercial Marineda City da Coruña.
Con cen anos de experiencia no seu expediente, 'Casa do Libro' reúne no seu catálogo lecturas de todo tipo, que van desde a novela negra até infantil, pasando polo cómic ou a manga. Neste novo establecemento, na planta baixa do centro comercial, contará con máis de 24.000 exemplares e cunha sección propia para a cultura de Galicia, "cunha coidada selección de literatura, arte e gastronomía da Coruña e Galicia".
O local exponse como obxectivo "ser o novo punto de encontro dos autores e a comunidade lectora, converter nunha referencia cultural na cidade". En Marienda City, que este 2023 alcanza os 12 anos desde a súa apertura, celebran que a libraría complemente a súa oferta de comercio, lecer e restauración. Ademais, que mellor forma de homenaxear a Emilia Pardo Bazán, autora da que tomaron o nome de Marineda e que se pode atopar en 'Casa do Libro'.
Escribe o teu comentario