Premio para un leite galego, Opti+Plus de Leite Río, por innovar creando un produto con menos azucre
O Instituto Cerdà escolle ao leite Opti+Plus entre os casos de éxito da sexta edición do seu Observatorio de Innovación do Gran Consumo en España.
Río de Galicia explica que o logra grazas a un proceso de ultrafiltración, mediante o cal se concentran os nutrientes esenciais do leite (previamente desnatada), á vez que se reduce a lactosa.
Como parte do proceso, engádese a encima lactasa, para que poida ser apta para intolerantes, e engádese a vitamina D, un nutriente naturalmente presente no leite que, ao ser liposoluble, pérdese durante o proceso de eliminación de nata.
A empresa parte do grupo Lence de Lugo asegura Opti+Plus é o primeiro leite reducido en azucre de gran consumo nacional.
Segundo Leite Río, Opti+Plus ten un 25% menos de azucre, o dobre de vitamina D, un 60% máis de proteína e un 40% máis de calcio respecto do leite desnatada convencional. O grupo Lence explica que procede granxas certificadas en benestar animal e, ao estar reducida en azucre, non só ten unhas propiedades nutricionais singulares, tamén mantén un sabor máis próximo ao leite desnatada tradicional.
EMPRESA DE CAPITAL GALEGO
Río de Galicia é unha empresa familiar de Lugo, a piques de cumprir 50 anos. É parte do grupo familiar de Lugo grupo Lence, dirixido por Carmen Lence.

Esta non é a primeira ocasión na que un produto da gama Opti de Río de Galicia resulta premiado. O batido Optipro de sabor café con leite recibiu a certificación internacional “Superior Taste Award”, outorgada polo International Taste & Quality Institute (ITQi). Un garlardón que outorga un xurado composto por máis de 20 expertos de destacados restaurantes de todo o globo.

Escribe o teu comentario