O Pazo de Quintáns e a súa contorna, en Sanxenxo, declarados ben de interese cultural

A Xunta proba tamén a repotenciación do parque eólico de Malpica para producir o dobre de enerxía co 10% de aeroxeradores. 


|

Pazodequintans2


O Consello da Xunta deu luz verde este xoves á declaración como ben de interese cultural (BIC) ao Pazo de Quintáns, ou Pazo do Casal, situado na pontevedresa localidade de Sanxenxo.


Deste xeito, como explicou o presidente, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior á reunión semanal co seu gabinete, este conxunto adquire a máxima protección que marca a Lei de patrimonio cultural de Galicia.


Ademais do casarón, a figura de BIC protexe tamén a capela da Virxe da Quinta Angustia, un hórreo de dúas plantas, os xardíns e outras construcións anexas.


Actualmente, este conxunto é de titularidade municipal, como indicou Feijóo, co que o Concello de Sanxenxo deberá garantir o seu visita pública gratuíta un número mínimo de catro días ao mes durante polo menos catro horas ao día.


PARQUE EÓLICO


Por outra banda, no Consello da Xunta aprobouse a repotenciación do parque eólico Malpica, situado no concello coruñés do mesmo nome.


Cun investimento de 22 millóns de euros, esta instalación --posta en marcha hai 20 anos-- producirá o dobre de enerxía cun 10 por cento dos aeroxeradores e cunha potencia similar.


En concreto, pasará dunha produción de enerxía de 30.000 megawatios por hora a 64.000 horas e reducirá o número de muíños de 69 a sete. Ademais, redúcese a superficie ocupada de Rede Natura en 1,3 hectáreas.


REDE DIXITAL DE EMERXENCIAS


Finalmente, na reunión semanal do Executivo autonómico tamén se analizou un informe sobre a ampliación da cobertura da Rede Dixital de Emerxencias de Galicia en 145.000 hectáreas, ata o 90 por cento do territorio.


Como destacou Feijóo, fíxose especial fincapé para esta ampliación nas zonas con máis risco de incendio.


Ademais, pensando nos lumes, ao longo do primeiro semestre desenvolveranse iniciativas "innovadoras" como a instalación de sensores, sistemas de detección de fume e calor e cámaras con rotación 360 graos, para localizar o foco do incendio e xerar alertas automáticas.

relacionada A illa de Sálvora podería ser o primeiro espazo natural declarado BIC

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE