Premio de Viaqua para os alumnos galegos que mellor reflexionen sobre a seca e o consumo responsable de auga
Hai tres categorías na nova edición deste concurso escolar, para primeiro e segundo de #ESO, terceiro e cuarto de #ESO e Bacharelato #FP.
A convocatoria de 2022 do concurso literiario "Relatos de Auga Intelixente" xa está en marcha.
Organizado pola empresa galega de xestión de augas Viaqua busca que os máis mozos reflexionen sobre os problemas ambientais actuais.
Así, o tema desta oitava edición é "A seca e como o consumo responsable da auga pode contribuír a mellorar esta situación ambiental".
Nesta edición, a compañía orienta os seus premios a apoiar ao comercio de proximidade. Así, os gañadores recibirán bonos de entre 150 e 50 euros para adquirir en tendas locais material deportivo, papelería, libros ou aparellos tecnolóxicos. Ademais dos galardóns individuais, o colexio que presente máis candidatos recibirá un lote de libros.
O prazo para presentar propostas acaba xusto antes de Nadal, o 23 de decembro. O alumnado interesado en participar poderá enviar os seus relatos curtos, de máximo 200
palabras, ao correo certamenviaqua@gmail.com
A empresa sinala que "este certame quere potenciar a creatividade dos nenos e nenas propondo dúas modalidades de participación: relato curto clásico ou relato curto creativo, neste último poderán tirar de imaxinación enviando relatos curtos en formato".
Escribe o teu comentario