O conselleiro de Educación reúnese cos sindicatos do ensino concertado para coñecer as súas demandas

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, mantivo unha reunión de traballo coas organizacións sindicais do ensino concertado para escoitar as súas demandas, así como avaliar o contexto educativo cunha caída da matrícula derivada da redución da natalidade.


|

O encontro tivo lugar este xoves 7 de xullo e Román Rodríguez, conselleiro de educación, analizou con eles a caída da matrícula na concertada. 

 

As organizacións sindicais CC.OO., CIG e UXT conseguiron esta reunión tras encerrarse na Consellería de Educación para reclamar a convocatoria urxente. 

 

O asunto que máis lles preocupa é a posible destrución de traballos, pois a caída do número de matriculas ten tendencia a seguir aumentando. 

Arquivo - Román Rodríguez participa na Conferencia Sectorial de Educación
Arquivo - Román Rodríguez, consellerio de Educación.

 

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, mantivo unha reunión de traballo coas organizacións sindicais do ensino concertado para escoitar as súas demandas, así como avaliar o contexto educativo cunha caída da matrícula derivada da redución da natalidade.
 

As organizacións sindicais han presionado para ter este encontro, pois levaba sen convocarse a Mesa Tripartita da Enseñana Concertada desde facía dous anos. Finalmente, Román aseguroulles que os atendería entre o 5 ou o 6 deste mes. 


Na reunión, o conselleiro trasladou aos representantes sindicais que, segundo os datos estatísticos estimados, constátase unha perda aproximada de 7.600 alumnos en Educación Infantil e Educación Primaria en todo o sistema o próximo curso, o que esixe "unha planificación responsable na xestión dos recursos públicos en aras de garantir a máxima calidade na oferta".

Este encontro, segundo informou a consellería, enmárcase dentro do calendario de contactos que veñen mantendo coas organizacións sindicais para o diálogo e a colaboración no ámbito educativo.

 

relacionada Stellantis abusa dos empregados e Inspección de Traballo "le o xornal baixo unha antuca", satiriza a CUT

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE