O Corte Inglés rebaixa primeiras marcas para aliviar a encarecida cesta da compra

O xigante da distribución española ha anunciado unha redución de prezos en máis de 1.300 referencias de consumo frecuente, nunha decisión que a compañía presenta non como unha promoción puntual senón como unha medida estrutural con vocación de permanencia. 


|

 

1180x535

A iniciativa chega nun momento en que moitas familias galegas, como o resto dos fogares españois, seguen notando o impacto dos prezos elevados na súa economía doméstica.

 

A inflación de alimentación en España pechou 2025 nun 3,0%, a taxa máis alta desde xullo de 2024. Os produtos que máis tiraron á alza foron os ovos, a carne de vacún, o café, o cacao e as hortalizas frescas. Os ovos, en concreto, encarecéronse un 30,7% no último ano segundo o INE, e até un 38,2% segundo o seguimento de FACUA nas principais cadeas. 

 

En Galicia especificamente, a inflación xeral pechou 2025 no 2,6%, tres décimas por baixo da media nacional do 2,9%, converter xunto coa Rioxa e Navarra nunha das comunidades con menor presión inflacionista do país.

 

A baixada de prezos concéntrase, explica a cadea,  en artigos de alta rotación, é dicir, aqueles que os consumidores adquiren de forma habitual e repetida cada semana. A selección abarca categorías tan diversas como charcutería e embutidos, aceites, leite, conservas de peixe, de verduras e de legumes, ensaladas preparadas, alimentos infantís, chocolates, café, refrescos, viños e produtos para mascotas. Tamén quedan incluídos artigos de drogaría, hixiene e perfumaría, configurando unha oferta transversal que cobre boa parte do que calquera fogar necesita a diario.  

 

A compañía subliñou que esta redución non responde a unha campaña de mercadotecnia de duración limitada. Ao contrario, inscríbese nunha política activa de revisión semanal de prezos que pretende garantir que os establecementos do Corte Inglés manteñan unha competitividade pero  sen renunciar aos estándar de calidade polo que é coñecida.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE