Abre a convocatoria de axudas para a formación do profesorado até o 30 de setembro

A Xunta informou de que, así, mantén o reforzo das axudas aos docentes cun investimento de 200.000 euros, ademais de ofertarlles unha ampla oferta de actividades no plan de formación que a Consellería deseña cada curso escolar


|

Archivo - Colegio, escuela, aula, primaria, clase, niño, niña, niños, estudiando, estudiar, escribir, escribiendo, deberes, profesor, profesora, profesores  Colegio, escuela, aula, primaria, infant
Arquivo - aula en colexio

 

O persoal docente xa pode solicitar apoio económico para participar en accións formativas realizadas tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas ou no estranxeiro a través dunha convocatoria de axudas impulsada pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP.

A Xunta informou de que, así, mantén o reforzo das axudas aos docentes cun investimento de 200.000 euros, ademais de ofertarlles unha ampla oferta de actividades no plan de formación que a Consellería deseña cada curso escolar. As persoas interesadas dispoñen de prazo até o 30 de setembro para presentar a súa solicitude a través da sede electrónica da Administración autonómica.

As axudas cobren actividades desenvolvidas entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro deste ano e están dirixidas tanto ao persoal funcionario de carreira como a docentes en prácticas, interinos e substitutos, sempre que cumpran os requisitos da convocatoria.

As accións subvencionables deben estar directamente vinculadas a áreas prioritarias, como igualdade, convivencia e inclusión, saúde e benestar, tecnoloxías e ámbito STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), plurilingüismo e educación artística.

O apoio económico cubrirá até o 100% dos gastos de matrícula e desprazamento, cun importe máximo de 200 euros para actividades realizadas en Galicia, de até 325 euros no resto do territorio español e de 750 euros no estranxeiro.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE