Axudas para comprar vehículos eléctricos: o prazo ábrese o 30 de xuño

As axudas sairán publicadas no DOG baixo o nome  Plan MOVES III 2025


|

La conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana.
 

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, anunciou que o Diario Oficial de Galicia (#DOG) do próximo 30 de xuño publicará a convocatoria das axudas do novo Plan MOVES III 2025, que subvenciona a compra de vehículos eléctricos e a instalación de infraestruturas de recarga.

Lorenzana visitou este sábado vina Feira do automóbil híbrido e eléctrico de Ribeira, onde concretou que este programa de axudas, financiado con cargo aos fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR), vai contar nesta convocatoria cun orzamento de 19,6 Meuro. Segundo dixo, en Galicia, as tres edicións que levan convocado suman 54 millóns de euros de orzamento e 13.743 solicitudes por importe de 73,8 millóns de euros.

Segundo informou a Xunta nun comunicado, a conselleira lamentou que, a pesar de que o que se lle leva pedindo ao Goberno por parte de comunidades autónomas e sector é un Moves IV que corrixa as deficiencias do actual modelo, "non foi así".

Nese sentido, contrapuxo a este programa o que convoca a Xunta con fondos propios, o 'Renova o teu vehículo'. Un modelo de axudas que, segundo Lorenza, é aplaudido polo sector, porque é o propio concesionario o que fai o desconto do total a pagar, co cal se resolve a concesión e o pago simultaneamente; é dicir, implica un desconto directo na factura de compra.

Neste sentido, volveu ratificar que a Xunta seguirá traballando da man dos concesionarios para estimular a demanda e promocionar as vendas de vehículos eficientes, porque tamén é necesario actuar neste último elo da cadea para impulsar unha transición xusta no sector, concluíu.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE