Aumenta o número de vivendas vacacionais en Galicia sobre a media española
Analistas do mercado inmobiliario sinalan un aumento sobre as cifras do ano pasado
Crecen por encima da media nacional as reservas de vivendas vacacionais en Galicia con vistas a este verán, principalmente nas zonas costeiras.
O analista inmobiliario, Benito Igrexas, sinala que “todas as previsións apuntan a que vai ser un verán moi positivo. No verán deste 2025 o valor residencial na costa galega, nas Rías Baixas, Rías Altas, Costa da Morte, Mariña lucense está en máximos, tamén está en máximos o valor do turismo”.
Estímase un aumento nas pernoctaciones que en 2024 rozaron os 12 millóns. As previsións oscilan entre un 87 ou 88% de ocupación, que vén sendo entre un 2 ou 3% máis que en 2024.
Segundo os analistas, o incremento dos prezos débese á subida de custo dos produtos e servizos, ademais da limitación de vivendas de uso turístico nalgunhas zonas e cidades. As reservas incrementarán os seus prezos entre un 8 e un 10% máis que o verán pasado. A tendencia dos últimos anos é a recuperación de moito turista nacional e do norte de Portugal.
Escribe o teu comentario