As axudas do Bono Alugueiro para os menores de 36 anos abren o 28 de febreiro

O Bono Alugueiro Mocidade dotará aos beneficiarios dunha axuda mensual de 250 euros.


|

(AV) Consello.- La Xunta crea una fundación para atraer investigadores internacionales dotada con 35 millones de euros
Foto: EP

 

O Consello da Xunta aprobou este luns unha nova convocatoria do Bono Alugueiro Mocidade, unha axuda mensual de 250 euros para que os menores de 36 anos poidan pagar o aluguer que se poderá solicitar a partir do próximo 28 de febreiro.

Na rolda de prensa posterior á reunión semanal do seu Goberno, o máximo mandatario autonómico, Alfonso Rueda, destacou que esta convocatoria terá un orzamento de 13 millóns de euros.

Segundo detallou poderán solicitar este apoio os menores de 36 anos que non superen tres veces o IPREM, é dicir os 25.200 euros, e o prezo do aluguer dependerá da localidade na que se sitúe a vivenda.

En concreto, no caso das cidades da Coruña, Santiago, Vigo, Ourense e Pontevedra, o prezo non poderá superar os 700 euros; mentres que en Lugo, Ferrol e nas contornas das cidades será de entre 500 e 600. Pola súa banda, o prezo será de até 400 euros no resto de concellos galegos.
 

Alquiler de vivienda
Aluguer de vivenda


Estas axudas, que serán publicadas no Diario Oficial de Galicia (#DOG) o vindeiro xoves, día 20 de febreiro, terán carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro deste ano e o prezo sería por un período máximo de 2 anos.

Rueda lembrou que a Xunta pon en marcha esta convocatoria en colaboración co Goberno central e censurou que o Executivo estatal "reducise á metade" os fondos que Galicia recibida no ano 2022 para este fin.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE