A CIG urxe protocolos no transporte sanitario ante agresións: "A xente non sabe como ten que actuar"

Representantes da CIG demandaron protocolos no transporte sanitario ante agresións. "A xente non sabe como teñen que actuar", aseverou Ernesto López, técnico de prevención do sindicato na Coruña, xunto a delegados sindicais no sector de ambulancias.

|

Varias ambulancias en las Urgencias del Complejo Hospitalario Universitario de A Coruña

Representantes da CIG demandaron protocolos no transporte sanitario ante agresións. "A xente non sabe como teñen que actuar", aseverou Ernesto López, técnico de prevención do sindicato na Coruña, xunto a delegados sindicais no sector de ambulancias.

Foi nunha comparecencia ante os medios de comunicación que tivo lugar na zona de Urxencias do Hospital Universitario da Coruña para esixir que se lles entregue o protocolo de actuación ante agresións pactado na comisión sectorial.

Ernesto López, sobre as medidas no Chuac, asegurou que existe un protocolo de 2012, "que coñecemos agora e do que só se aproveita a portada", indicou. "Son documentos obsoletos", recalcou.

O diritente sindical, sobre a agresión a un enfermeiro e a un vixiante de seguridade, demandou unha investigación e argumentou que o transporte sanitario que trouxo ao paciente "non sabía o que traía", en relación á súa situación, e que desde a empresa de seguridade e os traballadores do Sergas "non se sabía como actuar".

Por outra banda, incidiu en que no ámbito do transporte sanitario hai un documento pactado na comisión sectorial e publicado no Diario Oficial de Galicia, pero que, engadiu, "non está implementado".

Pola súa banda, Diego Cobos, delegado da CIG na empresa concesionaria do servizo ambulancias na Coruña, afirmou que "o protocolo non está implantado" e que queda "en mans" do persoal as decisións. Ademais, recalcou que non son só agresións físicas, senón tamén psicolóxicas, que, apostilou, son a maioría. "Cóspenche, tíranche do pelo", citou como exemplos e para pedir a implicación do Sergas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE