Oposicións en Educación da Xunta: 918 prazas de Secundaria, 426 de mestre de Primaria e Infantil...
Hai 80 prazas destinadas a especialistas en sectores singulares de FP.
As oposicións educativas que a Xunta convocará para este ano, que se celebrarán en xuño cun total de 1.664 prazas ofertadas, inclúen 918 para profesores de Secundaria, 426 de mestres de Educación Primaria e Infantil, e outros 80 de especialistas en sectores singulares de #FP.
Así figura no borrador da convocatoria elaborado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, ao que tivo acceso Europa Press e no que figura o detalle de prazas por nivel e especialidade. O documento aínda terá que ser avaliado cos sindicatos na mesa sectorial, prevista para o vindeiro martes, 4 de febreiro.
En total, a oferta pública de emprego (OPE) conterá 1.664 prazas, das cales a maioría corresponden a acceso libre. Destas, as de Secundaria --#ESO e Bacharelato-- son 918, das cales 100 están reservadas para persoas con discapacidade.
O grupo máis númeroso son os profesores de Inglés, para os que haberá 104 postos, incluídos os reservados para discapacidade. Séguenlle os de Lingua e Literatura Galega, con 77 prazas; de Informática, con 62; Sistemas e Aplicacións Informáticas, con outras 62; e Tecnoloxía, con 58.
En canto ao corpo de mestres, a OPE incluirá 426 prazas en total, 53 delas para persoas con discapacidade. Hai 122 vacantes da categoría de Educación Primaria e outras 79 de Infantil, á parte doutras especialidades como Inglés, con 53.
Tamén cabe destacar, dentro do corpo de mestres, as 53 prazas convocadas en Audición e Lenguage (Ao) e as 40 de Pedagoxía Terapéutica (#PT).
No que respecta aos especialistas en sectores singulares de FP, ofértanse 80 postos, 10 deles para a quenda de discapacidade. Os grupos máis numerosos son os de Mantemento de Vehículos (19), o de Cociña e Pastelaría (17) e o de Mecanizado e Mantemento de Máquinas (15).
Finalmente, a OPE complétase con 10 prazas de inspectores de Educación e outras 230 de promoción interna, para que profesores do corpo de Secundaria poidan pasar do subgrupo A2 ao A1.
Escribe o teu comentario