Cargos duplicados nos cartóns do Banco Santander para algúns clientes
O fallo técnico parece durar case un día, pois as primeiras queixas saltaron o mércores e non foi até o xoves que a entidade asegurou que o problema está liquidado.
Santander España enfróntase a unha crise de confianza tras un fallo técnico que duplicou cargos nas contas de numerosos clientes. O incidente, que comezou o mércores pola tarde, xerou preocupación e frustración entre os usuarios do banco.
Ante a avalancha de reclamos, Santander emitiu un comunicado a través da súa aplicación móbil o xoves 23 de xaneiro. A entidade recoñeceu a existencia dunha "incidencia técnica" e asegurou estar a traballar para resolver o problema canto antes.
Esta tarde di que logrou solucionar o erro técnico que afectou a algúns dos seus clientes en España, causando a visualización de cargos duplicados nas súas contas. O banco pediu perdón.
Numerosos clientes reportaron a anomalía a través da rede social X, alertando sobre a aparición de movementos duplicados nas súas contas desde a primeira hora da tarde do mércores:
É importante destacar que esta incidencia non afectou de maneira xeneralizada a todos os clientes de Santander, senón só a algúns localizados en España. O banco asegura que o problema era meramente visual e non implicaba movementos reais de diñeiro
Este tipo de incidentes lembra a necesidade dunha vixilancia constante das apps de banca dixital e cartóns prol parte dos clientes. Evidentemente, o incidente podería ter repercusións a longo prazo na confianza dos clientes cara á entidade bancaria.
Escribe o teu comentario