Mobilización da CIG nas Pontes para pedir unha transición industrial "xusta"

Tamén a sección sindical de CIG en Navantia propuxo ao resto de sindicatos e traballadores a creación dun convenio propio nos dous estaleiros situados na ría de Ferrol


|

Movilización en As Pontes.
 

A CIG manifestouse este domingo nas Pontes de García Rodríguez para reclamar "unha transición xusta" e un plan industrial xa que, aseguraron, que o que ocorre nesta localidade e na súa contorna é "unha reconversión industrial" e que todos os anuncios dos gobernos son "propaganda".

Así o detallou o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, nunha marcha que partiu ás 12.00 horas da praza do Carmen e que logrou congregar a unhas 200 persoas.

Os manifestantes corearon consignas como "para nós os despedimentos, para Endesa os beneficios", "é demolición, non transición", "queremos traballar, e non emigrar" e "As Pontes en loita, por un futuro digno".

Segundo Paulo Carril o obxectivo é reivincidar un "futuro industrial e emprego" nas Pontes, xa que ao seu entender "a transición xusta non existe". "Seguimos sufrindo as consecuencias dunha auténtica reconversión industrial pura e dura", lamentou.

"Endesa, con todo apoio dos gobernos, está a empezar o desmantelamento, deixando atrás despedimentos, á vez que está a actuar impunemente, sen asumir ningún tipo de responsabilidade social e territorial, ademais de continuar facendo caixa", criticou Paulo Carril.

Carril detallou que os gobernos "seguen sen ter" un plan industrial co que facer fronte a esta situación, xa que "son moitos os meses vividos" desde que se anunciou o peche da central térmica en decembro de 2019.

Neste sentido, ha recodado que Endesa ten desde agosto de 2023 autorización para o peche e que "todos os anuncios que se fan polos gobernos son propaganda", en alusión a novos proxectos industriais, xa que "todos están en tramitación e ningún é realidade", e que "a chamada transición xusta non existe".
 

PIDEN UN CONVENIO PROPIO PARA Os ESTALEIROS DA RÍA DE FERROL

A sección sindical de CIG en Navantia propuxo ao resto de sindicatos e traballadores a creación dun convenio propio nos dous estaleiros situados na ría de Ferrol.

Esta iniciativa o sindicato fundaméntaa na unha "paralización da negociación" e en que as reclamacións dos outros centros están "a anos luz" das factorías galegas.

A proposta chegar tras varias semanas de que os traballadores de todos os estaleiros e servizos centrais votaron en Madrid, o 17 de decembro, unha proposta de convenio colectivo que foi rexeitada.

"Pasado xa un tempo prudencial para facer a análise oportuno da situación que estamos a vivir coa negociación colectiva, de parálise absoluta, desde a CIG reafirmámonos en que a alternativa pasa por un convenio propio para a ría de Ferrol", detallou o sindicato a través dun comunicado.

Desta forma, lembraron que, mentres os operarios da ría de Ferrol mobilizábanse, os traballadores doutros estaleiros dubidaban de secundar as protestas, a pesar de ser, a mobilización, a "decisión do comité intercentros".

Neste contexto, a CIG indicou que "chegou o momento" de apostar polo convenio propio. Un proposición que trasladarán ao resto de sindicatos e á propia dirección. "Non podemos nin debemos resignarnos a unha nova travería no destierto", apuntou o sindicato.
 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE