Ryanair recorta voos en Vigo, Santiago e outros aeroportos e culpa ao Goberno

AENA conxelou as tarifas que cobra ás aerolíneas pero aínda así a compañía low cost advirte que levará os seus avións a outros países como Hungría ou Italia. 


|

El dueu00f1o de Ryanair en rueda de prensa
O dono de Ryanair en rolda de prensa

Ryanair anunciou un drástico axuste na súa operativa para o verán de 2025 en España, que inclúe a eliminación de rutas nos aeroportos de Vigo e Santiago e unha significativa redución de capacidade. A decisión responde, segundo a compañía, á "falta de efectividade" dos plans de incentivos de Aena e ás "taxas excesivas" que se aplican nos aeroportos perifériccos españois.

 

Non só Galicia perderá conectividad aérea

En concreto, o aeroporto de Peinador en Vigo sufrirá unha redución do 61% no tráfico, mentres que Lavacolla en Santiago verá diminuír a súa capacidade nun 28%, incluíndo a retirada dun avión baseado neste último, valorado en 100 millóns de dólares. Isto súmase á supresión total de operacións en Xerez e Valladolid, e a recortes menores noutros aeroportos rexionais como Zaragoza (-20%), Asturias (-11%) e Santander (-5%).

 

Ryanair, que lidera o mercado aéreo en España en númereo de voos, asegura que a perda de 800.000 asentos e 12 rutas será "devastadora" para a conectividad das autonomías afectadas, o seu turismo e emprego. Estas reducións prodúcense nun momento en que os datos de tráfico recentes reflicten a importancia estratéxica de Lavacolla, con cifras marca desde o coronavirus, a pesar de non alcanzar aínda os niveis prepandemia.

 

Fin dos convenios coa Xunta e contexto internacional

Hai anos, a Xunta de Galicia decidiu non renovar os acordos económicos con Ryanair para o mantemento de rutas nos aeroportos da comunidade. Aínda que esta política buscaba reducir a dependencia de subvencións públicas, tamén supuxo unha menor capacidade de atracción de voos internacionais.

 

As excesivas taxas aeroportuarias de AENA e a falta de incentivos viables para o crecemento seguen prexudicando aos aeroportos rexionais de España, limitando o seu crecemento e deixando sen aproveitar enormes zonas de capacidade aeroportuaria. Tras o compromiso do Goberno español de impulsar a recuperación de España post-Covid, Ryanair respondeu aumentando a capacidade para impulsar a conectividad, o turismo e o emprego. Con todo, AENA persiste nas inxustificadas subidas de taxas e négase a aplicar sistemas de incentivos eficaces para apoiar o crecemento rexional de España, dando prioridade aos investimentos estranxeiros en aeroportos do Caribe, Reino Unido e América", dixo Eddie Wilson, CEO de Ryanair-

 

A compañía tamén vinculou a súa decisión a problemas globais no sector, como os atrasos na entrega de avións por parte de Airbus e Boeing debido a dificultades na cadea de subministración. Estes factores levaron a Ryanair a priorizar mercados que cre máis rendibles, como Italia, Hungría Croacia e Suecia, onde as taxas e incentivos, asegura, son máis atractivos. Trátase, evidentemente, dun intento de meter presión ás administracións para lograr máis convenios.

 

Aena no punto de mira

A aerolínea irlandesa acusa a Aena de manter unha política de taxas que limita o crecemento nos aeroportos. A pesar da conxelación de tarifas decretada polo Goberno español até 2026, Ryanair asegura que a operadora aeroportuaria segue priorizando investimentos fóra de España, deixando aos aeroportos nacionais "infrautilizados".

 

Desde Aena non houbo resposta directa a estas acusacións, pero a operadora defende que as súas tarifas son competitivas a nivel europeo. Mentres tanto, Ryanair fixo un chamamento á CNMC para que anule as subidas de taxas aplicadas en 2024 e aprobe novos paquetes de incentivos que fomenten o tráfico nos aeroportos menos transitados. 

 

Con este anuncio, o debate sobre a xestión aeroportuaria en Galicia volve cobrar forza, con opinións divididas sobre o papel das subvencións públicas e a estratexia de Aena para os aeroportos galegos, que levan lustros perdendo peso en favor de Sa Carneiro - O Porto, en Portugal. Hai que ter en conta, ademais, que a chegada da AVE a Galicia supuxo a aparición dunha competencia ferroviaria real aos voos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE