Reunión entre UGT e Iberia despois da folga que cancelou máis dunha vintena de voos

O encontro producirase ás 10.30 horas na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, en Santiago, segundo confirman a Europa Press o sindicato convocante desta protesta


|

Iberia
Iberia


 

Representantes do sindicato UGT reuniranse con Iberia este martes, días despois de terminada a folga de dous días --xoves 16 e venres 17-- no Aeroporto de Lavacolla-Rosalía de Castro que provocou a cancelación de máis dunha vintena de voos.

En concreto, o encontro producirase ás 10.30 horas na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, en Santiago, segundo confirman a Europa Press o sindicato convocante desta protesta.

A folga, cuxo segundo día coincidiu co festivo do Día das Letras Galegas, tivo como causa principal a "sobrecarga" de traballo por "falta de persoal" en Lavacolla, algo que se "agrava máis" polo traslado das rutas do Aeroporto de Vigo, pechado este mes de maio por obras na pista.

Os voos, tando de saída como de chegada, que tiveron que ser cancelados durante estas dúas xornadas alcanzaron os 23. Aos 13 que decaeran o xoves sumáronselle outra decena este venres.

As rutas afectadas foron tanto as de Iberia como as que operaban as súas filiais Vueling e Air Europa. Principalmente, suspendéronse algunhas conexións de Santiago con Barcelona e Madrid, aínda que tamén chegaron a cancelar voos con Bilbao.

VOOS AFECTADOS ESTE VENRES
O primeiro en decaer este venres foi o avión de Vueling que debía saír de Santiago a Barcelona ás 6.45 horas da mañá, o que fixo que tampouco se opere a chegada desde a cidade condal prevista para as 10.55 horas.

Tamén están canceladas as rutas de ida e volta (catro voos) que conectan a capital galega con Madrid que opera Air Europa, con saídas desde Santiago ás 12.35 do mediodía e as 21.05 horas.

Ademais, tampouco sairán outro catro de dúas rutas de Iberia cara a Madrid, que despegarían de Lavacolla ás 13.45 e ás 21.45 horas.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE