Expertos aseguran que a igualdade laboral entre homes e mulleres podería facer crecer o PIB un 30%

Galicia é actualmente unha das comunidades autónomas con menos diferenzas entre as taxas de paro de homes e mulleres


|

Archivo - Oficina, ordenadores, trabajo, trabajando, empleo, desempleo, paro, trabajador
Arquivo - Muller nunha oficina / Foto: @EP

A sociedade actual continúa sumida nun gran problema estrutural, como é a desigualdade entre homes e mulleres no mercado laboral español. Segundo indicouse no Congreso da Asociación Nacional de Laboralistas, celebrado este fin de semana en Santiago de Compostela, diversos organismo internacionais aseguran que a incoporación da muller ao mercado laboral en igualdade de condicións respecto dos homes incrementaría o PIB ao redor dun 30%.

 

Así o indicou Elena Mancha Montero de Espinosa, inspectora de Traballo e Seguridade Social e actual directora xeral de Relacións Laborais na Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. Na súa intervención no Congreso ASNALA, compartiu datos como que o 95% das medidas de conciliación son solicitadas por mulleres e que a brecha salarial oscina ao redor dun 20%.

 

Pola súa banda, o catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social na Universidade de Córdoba Federico Navarro Neto asegurou que "a realidade segue sendo insatisfactoria, a finais do ano 2022 só ao redor dun 24% das empresas de 50 ou máis traballadores contaban cun Plan de Igualdade".

 

BRECHA DE XÉNERO EN GALICIA

Segundo datos de Instituto Galego de Estatística, a brecha de xénero mantense aínda en Galicia, a pesar de que existe aínda unha maior concienciación sobre a problemática.

 

En calquera período analizado, as taxas emprego feminino atópase por baixo das masculinas. A máis baixa dentro dos homes é do 55,9% no segundo trimestre do 2020, coincidindo co confinamento pola pandemia do coronavirus.

 

A máis alta para as mulleres é precisamente a que arroxa o último dato do terceiro trimestre de 2023, un 49,6%. Isto supón que a taxa máis alta feminina dos últimos catro anos é máis de 6 puntos interior á máis baixa masculina.

 

 

Comparando Galicia con outras comunidades autónomas, en primeiro lugar conclúese que é das comunidades que arroxa unha taxa de paro máis baixa. E non soamente iso, senón que é tamén unha das que menos diferentecias presenta ao comarar os datos de paro dos homes cos das mulleres.

 

Así, para este útlimo trimestre do que se dispoñen datos (entre xullo e setembro de 2023) as diferenzas en porcetaje de paro entre homes e mulleres en Galicia foi de 1,77 puntos. A porcentaxe de paro para os homes, segundo o dato que proporcionou o #INE esta última semana, foi do 8,43%, mentres que o das mulleres foi do 10,2%.

 

Isto fai que a brecha de xénero siga manter máis ou menos estable durante os últimos anos, e en lixeiro descenso desde a pandemia, onde a diferenza entre homes e mulleres fu a máis acusada do último lustro.

 

Pola súa banda, a comunidade autónoma de Ceuta, que tamén é unha das que máis paro rexistra, ten a brecha de xénero máis alta de España, cunha diferenza de case 15 puntos entre homes e mulleres. Outras comunidades como Estremadura, Castela-A Mancha ou Andalucía lideran o posto máis alto de brecha de xénero.

 

Por baixo de Galicia atópanse só catro comunidades autónomas: Melilla, Cataluña, Navarra e País Vasco.

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE