Pontón (BNG) propón acordar con Suíza a homologación automática dos títulos de FP

A líder do Bloque pechou este domingo en Zürich os seus encontros coa colectividade galega en Suíza, tras visitar Basilea e Xenebra


|

La portavoz nacional del BNG, Ana Pontón, en un encuentro con colectividad gallega en Suiza.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, nun encontro con colectividade galega en Suíza / Foto: @EP

A portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, pechou este domingo en Zürich os seus encontros con Suíza, coa colectividade galega na emigración, nos que trasladou as propostas do Bloque para "unha nova xeración de emigrantes" chegados nos últimos anos. Entre elas, propuxo acordar con Suíza a homologación automática dos títulos de Formación Profesional, xa que, segundo destacou o BNG, existen "dificultades para homologar os títulos de FP", cun proceso que "pode tardar meses ou mesmo anos, provocando que sexan penalizados no mercado laboral suízo", afirma a líder nacionalista.

"Coa crise chegou unha nova xeración de galegos e galegas con moita formación e preparación que está a ter dificultades para que esa formación sexa homologada e permítalle ter un salario acorde coa súa cualificación", sinalou Pontón.

 

Esta problemática que incidan desde o Bloque non afecto aos títulos universitarios, xa que tras o Plan Bolonia "teñen un procedemento moi regulado", pero "si á formación profesional".

"A consecuencia é grave, porque as empresas aproveitan para pagarlles menos salario coa escusa de que non homologaron o seu título a pesar de que realizan con toda eficacia o traballo", explicou.

Por iso, avanzou que o BNG vai levar o asunto ao Parlamento, para propor á Xunta que negocie co Goberno suízo un convenio de colaboración que permita a homologación directa e automática dos títulos de FP".
 

OUTRAS PROPOSTAS DO BNG EN SUÍZA

Pontón tamén recolleu outras demandas que lle trasladou a emigración. Concretamente, a de fillos e fillas nacidos xa en Suíza e que queren manter a súa lingua, pero "apenas reciben formación no propio idioma e carecen por completo de cotenidos audiovisuais para os máis pequenos".

 

A proposta do BNG é dobre neste caso: crear o Instituto Rosalía de Castro, similar ao Cervantes, e a emisión en Suíza da programación infantil e xuvenil da TVG.

"A máis inmediata é que a TVG emita a través da súa canle internacional programación infantil e xuvenil en galego. Non se entende que non o faga, deixando fóra aos nenos e nenas galegas que están en Suíza e noutros países de Europa", indicou Pontón.


Sobre o Instituto Rosalía, o obxectivo é "difundir e promover" a lingua e a cultura no exterior. Ademais, permitiría ter acceso á cultura en galego, tanto en materia de literatura, de cine, música, teatro ou cómic.

"O BNG ten un proxecto para darlle oportunidades de futuro a xente do noso país, para que non haxa tantas familias separadas e para que cada vez que un galego ou unha galega saca un billete de tren ou de avión para ir sexa por vontade propia e non por necesidade, non porque Galicia non lle das oportunidades que merece", destacou.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE