O traballador medio en Galicia perdeu case 700€ de poder adquisitivo en dous anos
Cando os salarios dos galegos implicaron un maior poder de compra? Corría 2010 e a burbulla inmobilaria estaba a explotar pero os soldos dos que conservaban o seu traballo aínda non foran recortados e o crecemento dos prezos xa empezara a moderar.
A negativa da patronal ha negociar moitos convenios e a alza de custos exacerbada pola invasión de Ucraína continúan golpeando á clase traballadora galega.
Un exemplo claro é o convenio da construción de Pontevedra, onde os obreiros barallan ir á folga pois os seus empresarios propoñen unha subida de prezos moi inferior á inflación.

Un salario medio en Galicia outorga un poder de compra un 7,6% inferior ao que había en 2010. Esta é unha das conclusións que se extrae do novo estudo "Monitor Adecco de Oportunidades e Satisfacción no Emprego en Galicia (I)".
Canto cobra de media un español? 1.823 euros ao mes, di a Empresa de Traballo Temporal. Claro que hai importantes diferenzas entre comunidades autónomas.

Hai dúas rexións, Madrid e País Vasco, onde o salario medio supera os 2.000 euros ao mes mentres en Estremadura non chega aos 1.500. Galicia está na parte media baixa da clasificación, roldando os 1.700 euros ao mes.
Con todo, o que realmente importa para que dan esas cantidades. As noticias para os proletarios galegos non son boas neste aspecto. Somo unhas dos noves comunidades cun salario medio que perdeu capacidade de compra no último ano. En concreto, o salario medio galego resulta un 3,1% menor, en termos reais, que no mesmo período de 2020.
O empobrecimiento é aínda máis preocupante si abrimos a lente a dous anos. O soldo medio dun galego pode comprar agora produtos por un valor de 637 euros menos que hai dous anos

En termos xerais, a variacón do poder de compra dos salarios en Galicia e en España segue unha evolución similar. Analizando a gráfica, está claro que 2022 é o peor dos últimos anos e con moita diferenza.

Isto débese a que a maioría dos salarios -a diferenza das pensións- non foron actualizados na mesma medida que a inflación, que rolda o 6% na actualidade e que tocou teito no verán de 2022 en torno ao 10%.
QUE ES O PODER DE COMPRA?
O poder adquisitivo ou poder de compra refírese á cantidade de bens e servizos que unha persoa ou unha entidade pode adquirir co seu diñeiro. É dicir, é a capacidade que ten unha persoa, familia ou empresa de comprar bens e servizos co seu diñeiro nun determinado momento e lugar.
O poder de compra está influenciado por varios factores, como o nivel de ingresos, o custo de vida, a inflación e a dispoñibilidade de bens e servizos. Se unha persoa ten un alto poder adquisitivo, pode comprar máis bens e servizos co seu diñeiro en comparación con alguén cun poder adquisitivo máis baixo.
Por exemplo, se unha persoa ten un salario de 24.000 euros ao ano e o custo de vida na súa cidade é relativamente baixo, como sucede en Galicia respecto doutras zonas de Espaañ, esa persoa tería un alto poder de compra. En contraste, se outra persoa gaña o mesmo pero vive nunha cidade cun alto custo de vida, a súa poder adquisitivo podería ser significativamente menor.
Escribe o teu comentario