Descende o número de licenzas de caza en Galicia nun 38,65%

Galicia é a sexta comunidade autónoma en número de licenzas de caza expedidas


|

Archivo - Jabalí, monte, caza, bosque.
Arquivo - Xabaril

O número de cazadores en Galicia leva máis de dúas décadas en descenso. Hoxe hai un total de 35.000 cazadores en Galicia, mentres que en 1997, fai 26 anos, esta cifra era de case 80.000. Segundo datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, entre 2006 e 2020 o descenso do número de licenzas de caza expedidas foi do 38,65%.

 

Un dos motivos que provocou que se produciu este descenso nas cifras da caza é o encarecemento desta afección. A escopeta, as taxas, os seguros, a munición e o mantemiento dos cans, entre outros, poden supor, segundo asegura Antonio Mota, secretario da Unión de Tecores de Ourense, un gasto de entre 1.500 e 3.000 euros ao ano.

 

A isto hai que sumarlle que se trata dunha actividade que ten hoxe en día pouco prestixio social, polo que se dificulta a substitución xeneracional.

 

Antonio Mota reivindicou tamén o labor que teñen os cazadores dentro do control de poboación de xabarís e pide que se lles exima do pago de taxas e licenzas para reducir os custos: "Dado que estamos a facer unha actividade que beneficia á sociedade indirectamente, poden eximirnos de taxas e de pagos de licenzas".

 

Xa en 2017 moitos cazadores solicitaban á Xunta de Galicia que se lles permitise a caza do xabaril ao salto ou en man, similar á caza menor para así poder controlar a súa poboación con maior facilidade. Trátase dunha modalidade que xa está permitida noutras comunidades autónomas e que prevé que practiquen a caza do jablí como máximo seis cazadores con seis cans.

 

GALICIA NO PANORAMA ESPAÑOL

Dentro do conxunto de España, Galicia é aínda das comunidades autónomas onde máis cazadores hai. Concretamente, en 2020 atopábase no quinto posto do ranking, con Andalucía á cabeza, con máis de 217.779 licenzas expedidas, e Canarias á cola, con tan só 746 licenzas.

 

Á comunidade galega supérana, ademais da andaluza, Castela e León, Castela-A Mancha e a Comunidade Valenciana. Algunhas como A Rioxa, Asturias ou Cantabria atópanse entre as que menos licenzas expiran nos últimos anos.

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE