A patronal presiona a Moncloa para acelerar a eólica mariña insistindo que é "compatible" coa pesca

Só media ducia de galegas entre as 250 firmas do manifesto da patronal eólica española en favor de acelerar as normas da eólica mariña. En Galicia xa hai sete parques solicitados, pero ningún por empresas de capital galego. 


|

El presidente ejecutivo de Windar Renovables, Orlando Alonso, este jueves en Ferrol
O presidente executivo de Windar Renovables, Orlando Alonso, en Ferrol. Windar non é galega, é asturiana, pero realizou importantes investimentos con Navantia Ferrol para prover de bases para muíños aos parques mariños

 

A Asociación Empresarial Eólica (AEE) está a meter presión ao Goberno de España para que apure as normas para a enerxía eólica mariña. Algo clave para a economía de Galicia, pois xa hai siete proxectos de parques flotantes solicitados. 

 

A patronal estatal ha lanzado un manifesto que demanda "axilizar o desenvolvemento do marco regulatorio" porque "a eólica mariña constitúe unha oportunidade única e irrepetible para España, por creación de emprego e o desenvolvemento económico e social".

 

Algúns dos nomes máis importantes do empresariado español figuran entre os asinantes. Entre eles hai directivos de empresas con intereses en múltiples sectores enerxéticos como Naturgy, Repsol, Iberdrola, EdP ou Acciona. Tamén firmas máis especializadas en eólica, como a galega Greenalia, Siemens Gamesa ou Capital Energy

 

 

 

 

 

APOIO DALGÚNS SINDICATOS

En total, AEE estima que son uns 250 os asinantes, entre empresas, colectivos e particulares. Chama a atención a firma dos dous grandes sindicatos de España. Comisións Obreiras e UXT estamparon a súa rúbrica a pesar de que aínda non está claro como afectará a eólica mariña a outros sectores produtivos, como a pesca.

 

Ademais da citada Greenalia, algúns nomes galegos na lista de asinantes son a ourensá Sertogal, a moañesa Galventus, a pontevedresa Topofor, Nordés Ancín (Cambre) ou os composteláns Teira Avogados

 

Coa excepción de Greenalia, que é unha promotora con ducias de parques e proxectos, todas as galegas son empresas de tamaño medio, que prestan servizos auxiliares.  O seu número é ademais limitado, a penas media ducia entre 250 asinantes.

 

Unha mostra máis do fracaso de Galicia nestas décadas de boom eólico en desenvolver un sector eólico con centro de gravidade propio. Un lastre que vai camiño de repetir na eólica mariña, pois  ningún dos promotores dos sete parques solicitados xa é galego.

 

O manifesto lémbralle a Moncloa que o plan vixente pasa pola entrada en funcionamento de 3.000 MW en 2030. Quedan oito anos e non hai nada nin instalado nin autorizado. 

 

ONDE SE PODERÁN PÓR EÓLICAS FLOTANTES?

Entre outras cousas porque o Estado non aprobou os Plans de Ordenación do Espazo Marítimo. Aí delimitará onde os aeroxeradores mariños terán prioridade sobre outros usos do dominio público. 

 

Este é o punto crave e potencialmente máis polémico, sobre todo en Galicia. A ninguén se lle escapa que os pescadores miran con receo á eólica mariña. De feito, as confrarías xa crearon unha plataforma, chamada Manifesto Burela, crítica coa eólica mariña.

 

A Asociación Empresarial Eólica é consciente do espiñento do asunto pesqueiro. Especialmente en 2023 que é ano electoral a nivel español, local e en varias autonomías costeiras con potencial eólico, como Canarias. Por iso o Manifesto reitera varias veces que os usos son compatibles. 

 

"A eólica mariña flotante permite maior flexibilidade para a instalación dos aeroxeradores de maneira compatible con outras actividades como a pesca, a navegación e outros usos do mar", reza por exemplo a undécima dunha lista de 14 razóns pola que esta enerxía é unha "gran oportunidade" para España.

 

Aos pescadores non lles prometen indemnizacións, que sen dúbida reclamarán, pero si "explorar activamente as sinerxías e a compatibilidade dos parques eólicos mariños con outros usos e actividades do mar, como a pesca, a acuicultura, a navegación ou o turismo" e impulsar "foros de encontro e de diálogo social".

 

Tal é a fame polos megawatios eólicos mariños que varias empresas xa investiron notables cantidades nos estudos previos para pedir parques eólicos nas zonas que -polas súas condicións- todo o mundo prevé que sexan as primeiras con muíños flotantes. 

 

En Galicia, a febre polo vento mariño está a concentrarse fronte ás costas con máis vento e menos profundidade nas zonas máis próximas a terra. Son Ortegal (provincia da Coruña), A Mariña Occidental (provincia de Lugo) e a costa entre Baiona e á Guarda (provincia de Pontevedra).  

 

En teoría, ningunha destas zonas son as produtivas a nivel pesqueiro, pois a maioría da flota de baixura e artesanal faena dentro ou preto das rías. Agora ben, son zonas onde si hai caladoiros doutras flotas con importante repercusión económica, como o cerco. 

 

 

 

 

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE