O bo tempo acompaña á vendima na D.Ou. Rías Baixas, con 34 millóns de kg recollidos no seu ecuador

178 adegas participan na campaña de recollida, para a que se estima unha cifra próxima aos 42 millóns de quilos para esta tempada.

 


|

178 adegas participan na campaña de recollida, para a que se estima unha cifra próxima aos 42 millóns de quilos para esta tempada.

 

Nun ano "cálido e seco" para a colleita, a uva dispón dunha calidade e un estado sanitario "perfecto", axudado xusto pola calor e as choivas dos últimos días. 

 

Vendima1
 Foto: D.Ou. Rías Baixas

 

É tempo de vendima. A calor está a acompañar aos xornaleiros que, despois das copiosas choivas que tiveron lugar a inicios da pasada semana, están a recoller xa as uvas para unha colleita exemplar na Denominación de Orixe Rías Baixas. Así o celebran desde a propia organización, que se atopa “no ecuador” dos traballos de recollida con todas as adegas traballando a pleno rendemento.

 

O director técnico do Consello Regulador, Agustín Lago, admite que os labores comezaron “mirando ao ceo”, pero que esta fin de semana abriuse de verdade a veda. “De momento recolléronse máis de 34 millóns de quilos de uva”, festexa, cunha estimación que roldará os 42 millóns de quilos. Isto nas brancas, que son a estrela das Rías Baixas, xa que das tintas apenas se recolleron 45.000 quilos. 

 

En plena faena atópase tamén os 23 auditores que controlan a orixe e a calidade da uva das 178 adegas integradas nesta campaña. Como ocorreu noutras D. Ou. consultadas por Galiciapress, a calor do verán evitou pragas que danasen a uva, o que facilitou que nesta ocasión dispoñan de “un perfecto estado sanitario e un bo nivel de calidade”.

 

Cajasvendimia
As estimacións son de 42 millóns de quilos para esta campaña | Foto: D.Ou. Rías Baixas

 

UN ANO “CÁLIDO E SECO”

A vendima prolongarase aínda uns días e será especialmente tardío o seu final, especialmente se o comparamos con outras zonas como Valdeorras, onde algúns produtores iniciaron a recollida a finais de agosto. 

 

“O ciclo vitícola na campaña 2022 estivo caracterizado por un inverno moi cálido e seco; tamén por unha primavera moi cálida e moi seca. O mes de xuño foi normal e húmido, aínda que cunha gran variabilidade; e o verán, en xeral, foi moi seco, con ausencia de precipitacións”, sinalan desde Rías Baixas, onde teñen que peitear máis de 4.300 hectáreas para un ano que promete ser de auténtico luxo. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE