Marea celeste en Lyon, onde desprazaranse preto de 3.000 celtarras para apoiar ao Celta en Europa
Os incondicionais celtiñas proxectan facer o maior desprazamento na historia do club vigués.
O Celta de Vigo está a vivir unha tempada histórica con Claudio Giráldez á fronte do banco de Balaídos. Metidos de cheo na loita por Europa e vivos na Europa League, as opcións do club vigués pasan por unha machada histórica na competición europea, onde este xoves se verá as caras cun dos cocos da edición, o Olympique de Lyon, que acabou a liguiña en primeira posición. Tras deixar na cuneta ao PAOK e ser o primeiro club español capaz de gañar en casa dos helenos, os celestes esperan dar a camapanada na ida e levar un resultado favorable a Francia, onde estarán moi ben arroupados.
UNHA NOITE PARA O RECORDO
E é que a marea celeste parece imparable no Vello Continente. Este ano visitaron Stuttgart, Belgrado ou Salónica, pero a viaxe a Lyon parce que será histórico. Fálase de preto de 3.000 afeccionados celtiñas con viaxe programada a semana que vén ao país veciño, un fito na historia do Celta. Romperían a marca establecida en 2017 nas semifinais en Manchester contra o United.
Isto fala da unidade e a confianza que se respira no cadro galego, que logrou cohesionar á súa bancada despois de anos nos que o público se encabritó contra unha entidade que cambiara os grandes obxectivos por pelexar tempada tras tempada pola salvación. A boa fornada de xogadores saídos da Madroa e o lavado de face de Giráldez foron os responsables da boa dinámica en Vigo.
As peticións disparáronse por encima das 2.800 en contraste polas máis de 400 entradas que devolveron desde Lyon ao non ser quen de vender todas os asentos dispoñibles para a afección visitante. Se o Celta logra un bo resultado o xoves contra o equipo de Endrick e Tolisso é posible que moitos máis viaxen a Francia a pesar de non ter entrada só para vivir unha noite máxica digna de Champions.
No vestiario son conscientes do esforzo que está a facer a afección e queren corresponder cun gran partido o xoves ante un dos ogros do certame. Espérase un cheo até a bandeira en Balaídos este xoves, primeira parada do soño do EuroCelta, que ten no Stade deas Lumières a súa próxima gran cita.
Escribe o teu comentario