O Athletic Club de Bilbao quere pescar en Balaídos e roubarlle a súa peza máis importante ao Celta de Vigo

Os leóns buscan un recambio de garantías ante a posibilidade de dar por pecha unha etapa en San Mamés. 


|

Ernesto valverde
Ernesto Valverde | Foto: EP

 

O Athletic Club de Bilbao é coñecido pola súa filosofía, baseada en apostar só por talento da terra. Xogadores criados ou con raíces euskaldunas son os que poden chegar a debutar coa zamarra branquivermello, un símbolo de identidade do conxunto dos leóns, que con todo non aplica esta norma á totalidade do club, pois hai certos estamentos onde podemos atopar a profesionais do Athletic sen vinculación algunha con Euskal Herria. É por iso, que desde San Mamés puxeron os seus ollos en Balaídos, onde se atopa o último obxecto de desexo da entidade vasca.

 

 

FIN Á ERA VALVERDE?

Desde Bilbao atópanse planificando xa un novo ciclo no cadro vasco, que aínda que non conta con futbolistas estranxeiros no cadro de persoal, si que tivo a preparadores doutros países ou outras provincias sentados no banco principal de San Mamés. Os exemplos máis recentes son os o asturiano Marcelino García Toral ou os arxentinos Marcelo Bielza e Eduardo Berizzo, ex do Celta de Vigo.

 

Precisamente en Vigo detiveron a súa mirada os dirixentes do Athletic, que empezan a pensar que a última etapa de Ernesto Valverde á fronte do club está a chegar ao seu fin. O Txingurri conquistou unha Copa do Rei e unha Supercopa de España, pero esta tempada, a pesar de meter ao equipo en Champions, non foi quen de levar aos branquivermellos á seguinte rolda do torneo continental. Aínda que en semis de Copa -cun resultado adverso- e con Europa aínda a tiro -a catro puntos da Conference-, a Valverde empézaselle a esgotar o crédito e xa lle buscan recambio.

 

O ARQUITECTO DO EUROCELTA

O elixido sería, precisamente, Claudio Giráldez. No Athltic xa sondaron a posibilidade de incorporar ao técnico do Porriño xa iniciaron os contactos co adestrador celeste, que revolucionou ao Celta nos apenas dous anos que leva á fronte do cadro olívico, sendo fundamental no regreso dos galegos a Europa e de mirar por obxectivos máis ambiciosos que a permanencia en Primeira.

 

 

A información adiantouna Onda Cero e apunta a que Giráldez era o preferido o ano pasado para substituír a Valverde se non renovaba. Segue estando no podio para a dirección deportiva athleticzale, xunto con outros como Andoni Iraola -cun gran cartel na Premier League e con grandes europeos detrás do exlateral, o que podería condicionar a poxa por este adestrador- e Iñigo Pérez, con contrato co Raio Vallecano.

 

Giru00e1ldez
Claudio Giráldez | Foto: EP

 

O director deportivo do Celta, Marco Garcés, declarou recentemente que aínda non se sentaron a negociar a ampliación de contrato de Giráldez, con vinculo en Vigo até 2027. Con todo, parece haber consonancia entre as partes, que non terían especiais dificultades en chegar a un acordo se comparten as liñas xerais do proxecto celtiña. 

 

 

En calquera caso, o adiestrador ten clausula de rescisión e esta sería asumible para o Athletic se desde Bilbao deciden dar un paso á fronte e convencen a Giráldez de mudar da ría de Vigo ao golfo de Biscaia. Na Sede non temen que o do Porriño poida dar a espantada, pois saben que neste momento está satisfeito co seu traballo en Vigo e polo esforzo que está a facer a entidade por mellorar o cadro de persoal, pero unha oferta mareante podería facerlle cambiar de opinión e contra un gran contrato terían moi difícil plantar batalla desde a rúa Príncipe, onde pronto porán en marcha os mecanismos para reter varios anos máis ao arquitecto do EuroCelta. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE