Luís Rubiales non irá ao cárcere polo delito de agresión sexual a Jenni Fermoso
O expresidente da Real Federación Española de Fútbol foi condenado a 18 meses de prisión -que non cumprirá- e a unha multa que supera os 10.000 euros. Así o sentenciou a Audiencia Nacional, que o declarou culpable dun delito de agresión sexual contra a xogadora da Selección Española de Fútbol.
O xuíz, que tamén impón unha orde de afastamento contra Rubiales de 200 metros coa futbolista, absólveo do delito de coaccións, do mesmo xeito que aos outros tres acusados: Jorge Vilda, Albert Luque e Rubé.
A sentenza, que non alcanza os dous anos e seis meses de prisión que pedía Físcalía, pódese recorrer ante a Sala do Penal da Audiencia Nacional.
Escribe o teu comentario