Fin de semana de esquí e snowboard grazas Ivo: a estación de Manzaneda abrirá este venres con 19 pistas

14,5 quilómetros esquiables, case unha vintena pistas dispoñibles e catro remontes para a primeira xornada, que se ampliarán a cinco no fin de semana.


|

Archivo - Imagen de esquiadores.
Foto: EP

 

A estación de Manzaneda (Ourense) abrirá as súas portas este venres con 14,5 quilómetros esquiables, 19 pistas dispoñibles e catro remontes para a primeira xornada que se ampliarán a cinco no fin de semana.

As nevadas e o frío da última semana permitiron que a estación ourensá, único lugar para a práctica do ski e o snowboard en Galicia, bote a funcionar por primeira vez na campaña.

Así, a calidade da neve será po-dura, con espesores que oscilan entre os 20 e 90 centímetros nun fin de semana no que se esperan nubes e claros "sen vento significativo".

E é que, segundo resaltan os xestores da estación nun comunicado, as previsións apuntan a que os fortes ventos que deixaron refachos na montaña ourensá de até 100 km/h amainen a partir do venres.

En todo caso, recomendan aos visitantes que consulten o estado das estradas na Dirección Xeral de Tráfico antes de planificar a súa viaxe á estación.

Os prezos do forfait serán de 22 euros entre semana e de 27 euros os sábados e domingo, con tarifas reducidas para nenos, maiores de 65 anos e 'Carné Xove'.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE