Moncloa advirte a Rafael Louzán que si se presenta á RFEF, o CSD denunciarao
As eleccións no futbol español van camiño de converter noutra batalla entre o PP e o PSOE, O Consello Superior de Deportes (#CSD), que depende do Goberno estatal liderado polos socialisas, pronunciouse con contundencia ante a posible candidatura de Rafael Louzán, expresidente do Partido Popular en Pontevedra, á presidencia da Real Federación Española de Fútbol (#RFEF). Segundo fontes do organismo estatal, a súa intención é bloquear nos xulgados calquera movemento que permita a Louzán, condenado por prevaricación, asumir o control do fútbol español.
A probable candidatura do presidente da federación galega a liderar a Federación española percíbese en Moncloa como un desafío directo aos esforzos do CSD por impulsar a transparencia e o bo goberno tras o escándalo que involucrou a Luís Rubiales. Para o CSD, permitir que unha persoa inhabilitada para cargos públicos asuma unha posición de tanta relevancia sería un paso atrás nos avances logrados nos últimos meses.
Hai que lembrar que Louzán está condenado a sete anos de inhabilitación para cargos públicos polo sobrepecio que pagou a Deputación de Pontevedra, que el presidía, para o campo de fútbol de Moraña. O mandatario recorreu ao Supremo tras un primeiro recurso no que xa logrou que lle quitasen os dous anos de cárcere impostos en primeira instancia. Dado que recorreu ao Supremo, a sentenza non é firme.
Este é o argumento que usan os que defenden que si se pode presentar. Ademais, alegan que a Federación é un ente privado, polo que a Orde Ministerial que veta aos condenados a ocupar cargos públicos non lles afecta. De feito, Louzán leva lustros como presidente da Real Federación Galega de Fútbol sen que ninguén haxa, se queira, levado o caso aos xulgados.
Fontes do CSD confirmaron, segundo O País, conversacións coa FIFA para evitar posibles conflitos co ente que goberna o fútbol mundial por inxerencias gobernamentais na federación. O organismo internacional, liderado por Gianni Infantino, garantiu que non tomará represalias contra España, din esas fontes. A FIFA non ve con bos ollos cando os gobernos mangonean as federacións porque isto quita poder ao mundo do fútbol.
O TAD depende do CSD e o CSD depende do Ministerio
Pola súa banda, o Tribunal Administrativo do Deporte (TAD), entidade que debería decidir sobre a elegibilidad de Louzán, está composto por sete xuristas designados na súa maioría polo CSD, o que augura unha análise estrita do caso.
O CSD depende do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes que lidera a portavoz da Executiva Federal do PSOE Pilar Alegría, e por tanto de Moncloa. Os socialistas, loxicamente, non ven con bos ollos que Louzán, ex-presidente do PP de Pontevedra, pasase a controlar un órgano tan importante como é a Real Federación Española de Fútbol e máis cando España está no foco polo mundial de 2030, que organizará xunto a Portugal e Marrocos.
O Tribunal Administrativo do Deporte (TAD) é un organismo que desempeña un papel crucial no ámbito deportivo español, pois xulga as decisións das federacións. Está composto por sete membros, todos licenciados en Dereito.
Catro destes membros son propostos polo presidente do CSD, mentres que os tres restantes son propostos polas Federacións deportivas españolas. Por tanto, é o CSD quen ten máis capacidade de influencia no tribunal. Se o caso Louzán chega ao TAD, en teoría o galego non leva as de gañar. Unha eventual resolución negativa que, en teoría, tamén debería ter repercusións sobre a continuidade de Louzán como presidente do futbol galego.
Escribe o teu comentario