O ferrolán Javier Gómez Noya, lenda do tríatlon, colga as zapatillas aos 41 anos

O atleta pon punto e final a unha traxectoria incomparable no deporte nacional. 


|

Archivo - Javier Gómez Noya en el momento de proclamarse campeón del mundo de  larga distancia en los Mundiales de Multideporte de Triatlón de Pontevedra de 2019
Arquivo - Javier Gómez Noya no momento de proclamar campión do mundo de longa distancia nos Mundiais de Multideporte de Tríatlon de Pontevedra de 2019

 

Xa fose na auga, na bici ou á carreira, Javier Gómez Noya era o mellor. Así o contemplan os seus cinco títulos mundiais en tríatlon, unha proba que dominou con man de ferro e que, até hoxe, ninguén puido igualar. Ninguén gañou tantos campionatos do mundo, como tampouco ninguén se subiu ao podium tantas veces: aos cinco ouros hai que sumar catro pratas e dous bronces. Co pescozo cheo de medallas e as pernas cansas, o galego di que até aquí, e con 41 anos pon punto e final a unha carreira de vertixe. 

 

E é que a de Gómez Noya é unha historia como poucas no deporte, tanto polos seus triunfos como polas veces que lle tocou levantar e seguir. E é que a fortuna lle deu as costas no único título que lle falta, as olimpíadas. Unha caída e a lesión que lle provocou o sinistro apartárono dos Xogos de Río no que era o mellor momento da súa carreira. Unha prata en Londres en 2012 completa a súa palmarés, ao que podemos engadir os catro ouros europeos e unha prata continental, así como a conquista de até dúas Ironman, e tantos outros certames nos que se colgou a presea dourada. 

 

A todo isto hai que mencionar recoñecementos como a medalla de ouro da Real Orde do Mérito Deportivo ou o Premio Princesa de Asturias dos Deportes. "Nunca é unha decisión fácil e aínda me encanta adestrar todos os días pero o meu corpo está a sufrir por asimilar a carga de adestramento que sei que necesito para competir ao máis alto nivel. Leveino ao límite durante moitos anos e tiven unha carreira que nin nos meus soños máis tolos podería imaxinar así que creo que é momento de seguir gozándoo pero cun pouco menos de intensidade e tensión", declara o ferrolán na súa despedida.

 

Retirado da distancia olímpica, nos últimos anos competiu a outro nivel e aínda non descarta botar un último baile no que resta de 2024: "É posible que faga algunha carreira máis este ano pero non de altísimo nivel. Estou moi agradecido á PTO pola posibilidade que me ofreceu para competir nas T100 e asegúrovos que tentei con todas as miñas forzas estar preparado pero por un motivo ou outro non puido ser posible. Por enfermidade antes de Miami, a perda da miña nai cando me atopaba en Singapura, lesións que me privaron de estar en Londres ou render ben en San Francisco… Hice todo o que puiden pero non funcionou así que é momento de dar un paso atrás e tomarmo con máis calma". Unha lenda do deporte que di até logo, porque a Gómez Noya non se lle poderá dicir adeus xamais. 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE