Chegou a hora de Marcos Alonso para dominar a zaga do Celta de Vigo
O veterano defensor aterrou en Vigo co propósito de ser un líder para o novísimo equipo de Claudio Giráldez.
O arranque do Celta de Vigo deixou patente a fame deste equipo que en cinco partidos demostrou ser un firme candidato a dar a sorpresa este curso tras varios anos mirando de esguello o abismo. Con Claudio Giráldez aos mandos os celestes recuperaron o olfacto goleador e o acerto, en parte grazas ao arroxo dos máis novos do persoal. No entanto, esa mocidade vai aparellada a unha inexperiencia que explica que o cadro vigués sexa o segundo equipo máis goleado de toda Primeira División, unha fraxilidade defensiva que a entrada de Marcos Alonso buscará cortar de raíz.
UN VETERANO PARA Os 'GIRÁLDEZ BABES'
A fichaxe do veterano defensor, libre tras acabar a súa vinculación co Barcelona, foi unha sorpresa para a afección celtiña. Os celestes lograron botar as súas redes sobre un futbolista contrastado e que pode actuar en todas as demarcacións da zaga. Aos seus 33 anos -cumprirá 34 en decembro-, Marcos Alonso chega a Balaídos tras unha tempada infestada de lesións na que non puido ter a continuidade desexada, xogando menos dunha decena de partidos cos azulgrana.
O seu debut cos vigueses chegou a semana pasada con quince minutos testemuñais ante o Real Valladolid. Con contrato até junlio, Marcos Alonso confía en ser o exemplo dos máis novos e as urxencias de Giráldez en defensa obrigarano a dar un paso á fronte esta semana despois da lesión de futbolistas até agora intocables como Jailson, acompañando no once a Javi Rodríguez, Hugo Álvarez ou Damián Rodríguez descubrimentos nesta última camada da Madroa.
"Estou con ganas de axudar ao equipo desde dentro. O primeiro de todo é traballar, o esforzo e a dedicación son as bases. Que esta ilusión que se respira na afección siga até o final e poidamos darlle moitas alegrías de aquí ao final de tempada", declarou o último da saga dos Alonso para os mesdios do club onde agora espera converter nun referente e no líder da retagarda.
Escribe o teu comentario